“Algunha proposta para a Copa da Costa parece unha inocentada”
- 1ª proposta: Mantener a competición a doble partido;
- 2ª proposta: modifcar a partido único, no campo de inferior categoría, toda a competición.
- 3ª proposta: modificar a partido único, no campo de inferior categoría, ata Semifinais.
- 4ª proposta: modificar a partido único, no campo de inferior categoría, ata Cuartos.
Outras ideas
Esta semana a web piratasdemuxia publicaba unha proposta enviada polo SCD Malpica e Luís Porto que bate contra a presencia dos equipos de Preferente e 1ª Galicia, tendo en conta que das últimas 7 edicións, seis dos campións son de Preferente (1 o Santa Comba, 4 o Xallas, 1 o Dumbría) e un é de 1ª (o Fisterra). A proposta do club malpicán propón que os dous equipos de Prefente xoguen unha Previa en marzo entre eles, e os 5 equipos de 1ª xoguen outra quedando así nos Dezaseisavos só 3 dos 7 equipos das categorías autonómicas.
Que opinan os afectados?
Falamos cos clubs afectados para preguntarlles que lles parece esta opción. Á pregunta “Que vos parece a proposta para a Copa da Costa do Malpica e Luís Porto?”, recibimos respostas coma estas:
- Manel Frixe (Soneira): “Parécenos ridícula e ventajista, así de simple. A mellor opción para todos é como a Copa da Coruña. O formato de partido único na casa do maís pequeno ata cuartos”:
- Chino (Baio): “Personalmente non me gusta, creo que non ten sentido ningún, xa que pode ser que algún equipo de 1ª ou Preferente xogue 3 partidos en 3 días... en fin…”.
- Rama (Esteirana): “Nin de coña. Para eso sorteamos entre os de Preferente e 1ª e que xogue só un (jajaja)”.
- Juan Jesús (Fisterra): “Paréceme unha inocentada. Vou chamar a Rubiales para que elimine ao Barça da Copa do Rey que a gañou 4 veces seguidas.”.
- Cesar Ferrío (Dumbría): “A proposta é de risa. A Federación non pode permitir esas cousas, é como si os equipos da Champion non poden xogar a Copa do Rei”.
- Pedro (Xallas): “Parece que aos de Preferente nos regalaron a categoría... Hai xente que non ten memoria”.
- Ricardo Tasende: "jajaja".
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-xallas-e-campion-da-copa-da-costa/