As xogadoras do Fútbol Feminino costeiro, protagonistas do Álbum de Cromos

David Castro sacando as fotos as Miúdas

Segue sendo unha verdadeira revolución no fútbol da Costa a chegada do novo Álbum de Cromos das Estrelas da Costa que está poñendo en marcha QPC. Un álbum completísimo, co que queremos demostrar o potencial do noso deporte.

Unhas das protagonistas serán as nosas xogadoras dos equipos femininos da Costa. Bergantiños Feminino e As Miúdas tamén terán o seu espazo no álbum, como bravas estrelas que son.

A día de hoxe o equipo de QPC segue facendo as fotografías que servirán para os cromos, e pouco a pouco iremos avanzando novidades. Esta pasada fin de semana o fotógrafo David Castro estivo nas Eiroas, aproveitando para sacarlle as fotos aos dous equipos no marco dun derbi de pretemporada baixo un abafante sol, que remataba cun igualado empate a 2.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/qpc-volve-traer-o-album-de-cromos-do-futbol-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/da-repercusion-mediatica-do-album-de-cromos-da-costa/