Asturies, patria querida
De punta a punta da Costa da Morte escoitouse un berrido de suspiro. Comezou en Coristanco e acabou na Serra de Outes, pegadiño ao Barbanza, onde residía o motivo de tanta alegría. O histórico ascenso do Club Deportivo Boiro a Segunda División B, tras resistir en Mieres ante o Caudal, provoca un regueiro de salvacións en cadea, que afecta positivamente ao Outes, e por ende ao Coristanco. Houbo reunión familiar no Cunchido para seguir e apoiar aos de José Luis Lemos, que xa deixaran o traballo medio feito na casa, onde venceran por 2-0. Confírmase un novo paso adiante do proxecto longopraciano de Manu de Roque, esta vez ao asentar a categoría no debut na mesma. Pola súa banda, o Coristanco, que pecara en exceso de irregular, respira por fin.
Agora, se o Sporting Zas acada o éxito na liguilla a Primeira será o Porteño o que viva unha sorte semellante. Polo de agora, os de Víctor Pazos salvaron xa un match ball ante o Bastavales, que se adiantara por 0-2 en San Andrés. Dous encontros en vintecatro horas fixeron mella no equipo costeiro, que aínda así sacou forzas de dentro e tirou de orgullo.
Na base, despois de analizar a tempada dos Dumbrías das Ligas Autonómicas, continúan dúas frontes abertas. Por un lado as Copas, xa en semifinais; e polo outro as Fases de Ascenso á Ligas Galegas, nas que só quedan o Xallas xuvenil e o Dumbría infantil con posibilidades de ascenso. Aínda terán que superar dúas eliminatorias máis.
Tremenda ademais a eliminatoria de Oitavos na Copa da Costa de Veteranos, quedando polo camiño favoritos como o Dumbría ou o Zas, a mans do Coristanco e do Soneira.
CopadaCosta, Volta dos Oitavos
FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 2
FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil
CopadaCosta Cadete, Volta dos Otavos
CopadaCosta Infantil, Volta dos Cuartos
CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Oitavos
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- Marcos Molk: “Deporte, formación e Carballo. DIMOLK tiña que apoiar o Congreso de Fútbol”:
- Presentación oficial: Carballo, capital do fútbol branquiazul e nacional.
- QPC e Fútbol Táctico traen primeiras espadas ao I Congreso de Fútbol Concello de Carballo.
Novas relacionadas
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)