xoves. 01.05.2025
El tiempo

Asturies, patria querida

Asturies, patria querida
A resistencia e ascenso do Boiro en Mieres salva ao Outes en Primeira Autonómica e ao Coristanco na Liga da Costa; o Zas salvou os mobles no seu debut na promoción e a Copa deixou partidazos en Fisterra en Vimianzo A familia do Outes estivo pendente da Liga das Cidades da TVG2 para celebrar o ascenso do Boiro e así a súa permanencia A familia do Outes estivo pendente da Liga das Cidades da TVG2 para celebrar o ascenso do Boiro e así a súa permanencia

De punta a punta da Costa da Morte escoitouse un berrido de suspiro. Comezou en Coristanco e acabou na Serra de Outes, pegadiño ao Barbanza, onde residía o motivo de tanta alegría. O histórico ascenso do Club Deportivo Boiro a Segunda División B, tras resistir en Mieres ante o Caudal, provoca un regueiro de salvacións en cadea, que afecta positivamente ao Outes, e por ende ao Coristanco. Houbo reunión familiar no Cunchido para seguir e apoiar aos de José Luis Lemos, que xa deixaran o traballo medio feito na casa, onde venceran por 2-0. Confírmase un novo paso adiante do proxecto longopraciano de Manu de Roque, esta vez ao asentar a categoría no debut na mesma. Pola súa banda, o Coristanco, que pecara en exceso de irregular, respira por fin. Agora, se o Sporting Zas acada o éxito na liguilla a Primeira será o Porteño o que viva unha sorte semellante. Polo de agora, os de Víctor Pazos salvaron xa un match ball ante o Bastavales, que se adiantara por 0-2 en San Andrés. Dous encontros en vintecatro horas fixeron mella no equipo costeiro, que aínda así sacou forzas de dentro e tirou de orgullo. Choque da Copa da Costa entre Soneira e Baio-Fofo-SD Choque da Copa da Costa entre Soneira e Baio-Fofo-SD A Copa da Costa asumía tamén o protagonismo esta fin de semana, sobre todo con dúas frontes que non defraudaron. En Vimianzo, o terceiro derbi do curso entre Soneira e Club Deportivo Baio deixou claro outra vez que a realidade do resto do ano pouco inflúe no cruce de veciños. Marcaron pronto os visitantes, que sorprenderon coa súa frescura, e obrigaron a unha non menos meritoria remontada branca. Promete e moito o partido de Platas Reinoso. E para tolos, e amantes do fútbol de seda, foi o Fisterra-Xallas de Ara Solis. Adrián, bigoleador esta vez, atopou un rival dunha categoría máis acorde coa súa clase, e entre el e Bruno remontaron ante un campo entregado. Sen embargo, e co tempo cumprido, unha serie de rexeites deixaron unhas táboas que invitan a pensar noutra volta para babear. O Mazaricos, pola súa banda, levou o cruce de 'tapados' ante o Corcubión, ao que xa se lle fai moi longa a tempada. E na previa o Zas deixara xa encarrilado a o seu cuarto de final ante o Cerqueda, que chegou xusto de efectivos.

Na base, despois de analizar a tempada dos Dumbrías das Ligas Autonómicas, continúan dúas frontes abertas. Por un lado as Copas, xa en semifinais; e polo outro as Fases de Ascenso á Ligas Galegas, nas que só quedan o Xallas xuvenil e o Dumbría infantil con posibilidades de ascenso. Aínda terán que superar dúas eliminatorias máis.

Tremenda ademais a eliminatoria de Oitavos na Copa da Costa de Veteranos, quedando polo camiño favoritos como o Dumbría ou o Zas, a mans do Coristanco e do Soneira.

 

CopadaCosta, Volta dos Oitavos

Copa da Costa Ida de Cuartos  

FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 2

Sempre en www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

As Fases de Ascenso sempre en www.copadacosta.com As Fases de Ascenso sempre en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Cadete, Volta dos Otavos

Copa Cadete  

CopadaCosta Infantil, Volta dos Cuartos

Copa Inf  

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Oitavos

Copa Vet  

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)

Comentarios