Cambio de tercio con galóns

Florece a Copa da Costa cun súper derbi en Vimianzo e cun choque entre felices Fisterra e Xallas
Imaxe dun Soneira-Baio-Foto-Santi Soneira Coas resacas boas e malas xa pasadas no que á liga se refire entra o protagonismo da Copa da Costa. Faino máis tarde que de costume, na ida de cuartos, aínda que compensa ese déficit de atención cunha presentación grandiosa, un menú case en forma de final nalgúns casos. Acollerá o Municipal de Vimianzo o terceiro derbi do ano entre Soneira e Baio, aos que o vindeiro ano separarán dúas categorías. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade nos precedentes ligueiros, onde os do Platas Reinoso incluso chegaron a impoñerse nun deles. A dinámica vencedora e as sensacións parecen concederlle certo aire de invencibles aos de Manolito, pero ollo que sábado teñen a comida do 50 aniversario do club e pode pasar factura. Menos pendente da Copa estará un Sporting Zas que adianta o seu cruce cun histórico Cerqueda. Os de Víctor Pazos inician a súa andadura na promoción de ascenso a Primeira Autonómica recibindo ao Bastavales, que igualou no seu primeiro compromiso ante o Belvís. Os de Brión son toda unha incógnita. Con aire de grande se presenta o cruce entre Fisterra e Xallas, dous equipos marcados pola palabra éxito, e que pese ás diferencias de categoría parecen chegar igualadísimos. O saber facer dos combeses fronte á forza e determinación dun cadro do Cristo no que retumba a palabra doblete. Corcubión e Mazaricos xogan o cruce dos tapados, dos que chegaron sen facer ruido, pero que veñen de facer un curso notable. Ademais, a fin de semana terá un importante foco de atracción no Carral, co Torneo de Base da SD Sofán no que participarán máis de 500 nenos.  

CopadaCosta, Volta dos Oitavos

O cadro completo en www.copadacosta.com  

FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 2

O cadro da Fase sempre actualizado en www.copadacosta.com  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

CopadaCosta Cadete, Volta dos Otavos

 

CopadaCosta Infantil, Volta dos Cuartos

 

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Oitavos

 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)