Cambio de tercio con galóns

09:38 27/05/16
Florece a Copa da Costa cun súper derbi en Vimianzo e cun choque entre felices Fisterra e Xallas
Imaxe dun Soneira-Baio-Foto-Santi Soneira
Coas resacas boas e malas xa pasadas no que á liga se refire entra o protagonismo da Copa da Costa. Faino máis tarde que de costume, na ida de cuartos, aínda que compensa ese déficit de atención cunha presentación grandiosa, un menú case en forma de final nalgúns casos.
Acollerá o Municipal de Vimianzo o terceiro derbi do ano entre Soneira e Baio, aos que o vindeiro ano separarán dúas categorías. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade nos precedentes ligueiros, onde os do Platas Reinoso incluso chegaron a impoñerse nun deles. A dinámica vencedora e as sensacións parecen concederlle certo aire de invencibles aos de Manolito, pero ollo que sábado teñen a comida do 50 aniversario do club e pode pasar factura.
Menos pendente da Copa estará un Sporting Zas que adianta o seu cruce cun histórico Cerqueda. Os de Víctor Pazos inician a súa andadura na promoción de ascenso a Primeira Autonómica recibindo ao Bastavales, que igualou no seu primeiro compromiso ante o Belvís. Os de Brión son toda unha incógnita.
Con aire de grande se presenta o cruce entre Fisterra e Xallas, dous equipos marcados pola palabra éxito, e que pese ás diferencias de categoría parecen chegar igualadísimos. O saber facer dos combeses fronte á forza e determinación dun cadro do Cristo no que retumba a palabra doblete.
Corcubión e Mazaricos xogan o cruce dos tapados, dos que chegaron sen facer ruido, pero que veñen de facer un curso notable.
Ademais, a fin de semana terá un importante foco de atracción no Carral, co Torneo de Base da SD Sofán no que participarán máis de 500 nenos.
O cadro completo en www.copadacosta.com
O cadro da Fase sempre actualizado en www.copadacosta.com

CopadaCosta, Volta dos Oitavos

FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 2

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

CopadaCosta Cadete, Volta dos Otavos

CopadaCosta Infantil, Volta dos Cuartos

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Oitavos

Novas relacionadas
Novas relacionadas
- Marcos Molk: “Deporte, formación e Carballo. DIMOLK tiña que apoiar o Congreso de Fútbol”:
- Presentación oficial: Carballo, capital do fútbol branquiazul e nacional.
- QPC e Fútbol Táctico traen primeiras espadas ao I Congreso de Fútbol Concello de Carballo.
Novas relacionadas
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)