O Carral acolle un partido Solidario

O o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o o presidente da SD Sofán, Ricardo Serrano; o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Roberto Mallo, e a técnica da entidade Ana Veira, na presentación do partido a beneficio da Cruz Vermella que se xogará este venres no Carral

Este venres ás 18.00 horas hai partido no campo do Carral. Un partido especial, entre un combinado do equipo sénior do Sofán e "a nena bonita do club dende hai un ano”, o Sofán-Aspaber. Unha cita que servirá para colaborar coa Cruz Vermella, despois de completar as campañas de recollida de xoguetes para que máis de 130 nenos e nenas teñan tamén agasallos dos Reis Magos. 

As persoas que se acheguen ata O Carral “pagarán” a súa entrada cun xoguete ou con alimentos non perecedoiros, que serán doados á Cruz Vermella para as súas campañas.