O Carral acolle un partido Solidario

17:34 26/12/19
Este venres ás 18.00 horas hai partido no campo do Carral. Un partido especial, entre un combinado do equipo sénior do Sofán e "a nena bonita do club dende hai un ano”, o Sofán-Aspaber. Unha cita que servirá para colaborar coa Cruz Vermella, despois de completar as campañas de recollida de xoguetes para que máis de 130 nenos e nenas teñan tamén agasallos dos Reis Magos.
As persoas que se acheguen ata O Carral “pagarán” a súa entrada cun xoguete ou con alimentos non perecedoiros, que serán doados á Cruz Vermella para as súas campañas.