Cee e Seaia xogarán a final da Fase de Ascenso á Liga da Costa
O Unión Club Cee e o Sporting Seaia superaron a primeira das dúas eliminatorias do Play off de ascenso e se enfrontarán na gran final. Os de Rafa superaron ao Cerqueda e os de Manu Cancela fixeron o propio co Pereiriña, en dúas eliminatorias moi parellas.
Así, as vindeiras dúas semanas, coa Gala polo medio, aínda teremos unha eliminatoria a doble partido entre Cee e Seaia.
Cee - Cerqueda (4-2)
- Cee: Jorge, Munitis, Diouck, Fontaíña, Jose, Carlos, Keko, Anxo, Xián, Pablo e Regueiro. Tamén: Manu, Martín, Marco, Roberto, Jonatan e Sergio.
- Cerqueda: Breo, Marcos Pensado, Dani Reixía, Moisés, Andrés, Hugo Fraga, Schuster, Bris Costa, Eloy, Mario e Palermo. Tamén: Sergio Vilar, Juan Rivera e Aitor.
- Goles: 1-0, m.18: Xián; 2-0, m.32: Keko; 2-1, m.36: Palermo; 3-1, m.64: Xián; 4-1, m.67: Anxo; 4-2, m.81: Brais Costa.
Tiña a eliminatoria encarrilada o Cee tralo 1-3 da ida en Xaviña. E o Cerqueda de Gurita non entrou ben no partido e á media hora, cando comezaban a competirlle ao Cee, os de Rafa xa levaban 2-0 e unha vantaxe de 4 tantos no global da eliminatoria.
Os ceenses demostraron ser superiores, como o fixeron tamén ao longo do curso, e se meten na final na que partirán, tamén, como favoritos.
Atl. Pereiriña - Sp. Seaia (1-2)
- Pereiriña: Maikel, Eloy, Aitor, Estebo, Javi Calo, Gabri, Jon, Pablo Trillo, Tito, Oli e Víctor. Tamén: Xacobe, Abel, Maelo, Antonio e Javichu.
- Seaiai: Isaac, David, Alex Mato, Borja, Noel, Diego, Edu, Rafa, Simón, Manu Castro e Juni. Tamén: Anxo, Brais, Adrián Pazos, Belar, Erik, Alex García, Todosantos.
- Goles: 0-1, m.20: Alex Mato; 0-2, m.54: Diego García; 1-2, m.93: Abel.
Tralo 1-0 na ida, os malpicáns partían cunha pequena vantaxe, tendo que ser o equipo de Julito o que arriscase. Nunha xogada a balón parado, o capi Alex Mato abría o marcador para os de Manu Cancela. O cadro ceense apretaba pero os malpicás aguantaba e ao comezo da segunda marcaron o segundo.
Intentouno o Pereiriña, pero tardou moito en recurtar, facendo insuficiente o esforzo dun equipo que vén de pegar un salto de calidade nesta temporada.