Cerca de 40 rapaces participan no Campus do Atlético de Madrid

De seguro que os case 40 rapaces da Costa da Morte que están o longo destes días participando no campús de verán do Atlético de Madrid tardarán en esquecer esta experiencia. O campus está a ter lugar en Dumbria. O primeiro día, despois dunha pequena presentación dos participantes, os técnicos explicaron o funcionamento dos grupos durante o Campus e os valores que se pretenden transmitir no mesmo. A todos os nenos entregoúselles a indumentaria oficial do Campus e unha gorra.

Neste Campus os rapaces tiveron tempo para as sesións de entrenamento, sesións lúdicas na piscina, visión dun video documental sobre a tempada realizada polo Atlético de Madrid e tamén participaron nunha xincana na que puxeron a proba as súas habilidades técnicas e motrices.

Hoxe, haberá unha competición técnica individual para os xogadores de campo e unha competición específica para os porteiros. Desta forma, pecharán a semana onde tamén se lle entregarán as valoracións, os diplomas e algunha que outra sorpresiña.