Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cerca de 40 rapaces participan no Campus do Atlético de Madrid

Cerca de 40 rapaces participan no Campus do Atlético de Madrid
De seguro que os case 40 rapaces da Costa da Morte que están o longo destes días participando no campús de verán do Atlético de Madrid tardarán en esquecer esta experiencia. O campus está a ter lugar en Dumbria. O primeiro día, despois dunha pequena presentación dos participantes, os técnicos explicaron o funcionamento dos grupos durante o Campus e os valores que se pretenden transmitir no mesmo. A todos os nenos entregoúselles a indumentaria oficial do Campus e unha gorra.

Neste Campus os rapaces tiveron tempo para as sesións de entrenamento, sesións lúdicas na piscina, visión dun video documental sobre a tempada realizada polo Atlético de Madrid e tamén participaron nunha xincana na que puxeron a proba as súas habilidades técnicas e motrices.

Os participantes puxeron a proba as súas habilidades técnicas e motrices Hoxe, haberá unha competición técnica individual para os xogadores de campo e unha competición específica para os porteiros. Desta forma, pecharán a semana onde tamén se lle entregarán as valoracións, os diplomas e algunha que outra sorpresiña.

Comentarios