Como podo comprar os cromos do FUTFEM galego?

O Quiosco Toural ,en Santiago, xa ten os cromos do Futfem Galego
Trala espectacular gala de presentación, o álbum de cromos do fútbol feminino galego segue espallándose por Galicia con dous novos puntos de venda, que xa venden a fume de carozo:
  • Quiosco Toural, na Rúa Nova de Santiago de Compostela.
  • Kiosco Barea, no Campo da Leña (Praza de España) da Coruña.

Sabedes ademais que os clubs participantes contan con sobres para vender, e ademais a organización conta cun correo para facer pedidos (albumfutfemgalego@gmail.com).
Cada luns faremos os envíos da semana anterior, sendo o pedido mínimo é de 20 euros, ademais dos gastos de envío. O prezo é de 1€ cada sobre e 5€ cada álbum.

De feito, son numerosos xa os pedidos que nos chegan dende o día de onte, dende todas partes de Galicia, pero tamén dende puntos tan dispares como Euscadi, Lisboa ou Ciudad Real.

Novas relacionadas