O Concello de Zas, campión da Liga da Cadete por 4 goles

4 goles de diferencia no golaveraxe xeral foron claves para darlle o título de Liga Cadete ao Concello de Zas. O cadro zaseiro vencía 3-0 ao Cerqueda en San Andrés, mentres o Outes non eran quen de superar por máis de 3-1 á Esteirana no Cunchido. Así, o campión remata a Liga con 99 goles a favor e 25 en contra, polos 96 a favor e 26 en contra dos da Serra.

Os de Martín Vecino (o tamén adestrador da Selección da Costa ten como delegado a Alfonso) venceron cos tantos de Brian (2) e Marcos.

Este son os membros dun equipo formado por rapaces das canteiras do Sporting Zas e do CD. Baio, unidos neste fermoso proxecto municipal:

  • Santos (p), Yoel (p), Damián, Pablo, Álex, Guillermo, Joel, Andrés, Mario, Bruno, Adrián, Adri Lamas, Marcos, Brais, Dani, Xaquín, Aníbal, Nico, Bryan, Brayan, Gabriel.