O Conco acolleu a festa do Fútbol Base

O Cabana Benxamín levou o doblete
  • Fisterra, Cabana e Xallas foron os protagonistas

Ambientazo no Conco para disfrutar da fases finais das Copas da Costa de F8. Unha marea equipos dábanse cita no municipal dumbriés para unha completa xornada de mañá e tarde de auténtico Fútbol base.

 

En Alevíns

Os fisterráns levan o doblete para casa.

Fisterra e Dumbría prantábase na final tras eliminar a Cee e Coristanco, quedando finalmente o Fisterra de Fran campión tras vencer 3-2 ao Dumbría dos seus veciños, os Senra pai e fillo.

Tamén houbo unha Copa Consolación entre Cee B e Sofán B, quedando o cadro ceense como campión da fase e desta Copa.

O Cee alevin B 

 

En Benxamíns

O Cabana Benxamín doble campión

Na categoría benxamín, os grandes protagonistas do ano foron o Cabana de Marcos e Dani, que conseguiron o doblete de Liga e Copa. Os cabaneses venceron 3-1 na final ao Xallas.

En Prebenxamíns

O Xallas Prebenxamin

Mención especial merece tamén o Xallas prebenxamín, despois de queda campión da Liga costeira e preparando a fase para o campionato galego.