Continúan avanzando as Ligas Comarcais de Fútsal dos nosos peques
18 de xaneiro de 2023 (10:48 h.)
- As táboas actualizadas en www.futboldacosta.com.
Continúan en marcha as Ligas Comarcais de FS dirixidas polos técnicos municipais, nas que os nosos pequenos Alevíns e Bexamíns disfrutan do mellor deporte para estas idades.
Aínda con algúns partidos aprazados no seu momento, as ligas xa superaron as 10 primeiras xornadas.
En categoría Alevín, mandan Os Rapacollóns de Fisterra e as EDM Ponteceso, con 6 puntos de vantaxe sobre unhas EFC Camariñas e EFC Carnota que teñen un partido menos.
Xa en Benxamíns, quen manda na táboa é o EDM Cabana, con 2 puntos de vantaxe sobre o Manuela Rial e 3 sobre as escolas camariñás.
Tod@s pelexan por meterse entre os 4 primeiros para disfrutar a fermosa fase final comarcal.
Novas relacionadas
- Novembro 22: Arrincaron as LCFs da Costa da Morte.
- Maio 22: EF Corcubión, EFM Vimianzo e Os Miúdos, campións da Fase Intercomarcal de Futsal.