Venres. 26.04.2024
El tiempo

Continúan avanzando as Ligas Comarcais de Fútsal dos nosos peques

Imaxe dun partido no pavillon de Corcubion
Imaxe dun partido no pavillón de Corcubión
Continúan avanzando as Ligas Comarcais de Fútsal dos nosos peques

Continúan en marcha as Ligas Comarcais de FS dirixidas polos técnicos municipais, nas que os nosos pequenos Alevíns e Bexamíns disfrutan do mellor deporte para estas idades.

Aínda con algúns partidos aprazados no seu momento, as ligas xa superaron as 10 primeiras xornadas.

En categoría Alevín, mandan Os Rapacollóns de Fisterra e as EDM Ponteceso, con 6 puntos de vantaxe sobre unhas EFC Camariñas e EFC Carnota que teñen un partido menos.

Xa en Benxamíns, quen manda na táboa é o EDM Cabana, con 2 puntos de vantaxe sobre o Manuela Rial e 3 sobre as escolas camariñás.

Tod@s pelexan por meterse entre os 4 primeiros para disfrutar a fermosa fase final comarcal.

Novas relacionadas

Comentarios