Copa da Costa: Dúas quendas de penaltis e dúas vitorias pola mínima deciden os Cuartos
Xoves de Copa da Costa polo Día do pai. Os Cuartos da Copa da Costa 2026 que deixaron un gran sabor de boca, con dúas eliminatoria decididas na lotaría dos penaltis e dúas pola mínima.
Malpica e Muxía superaron a Corme e Muxía dende os 11 metros, e Porteño e Sofán tiveron que suar tinta para superar a Zas e Cabana, e colarse nunhas semis que se disputarán na Semana Santa e que quedan do seuinte xeito:
- SCD Malpica - Porteño CF.
- Muxía CF - SD Sofán.
Malpica - Corme (1-1)
- Malpica: Suso, Pablo, Damián, Isaac, Raúl, Garci, Cristian, Fran, Luís, Aday, Chicha. Tamén: Joel, Saúl, Anxo, Chucho, Brais Calvo.
- Corme: Quique, Eloy, Álvaro, Aitori, Brais Pailos, Yago, Teo, Borja Torrado, Lucas, Samu Costa, Isra. Tamén: Adrián Suárez; Hugo Paredes, Mauro, Rubén, Martín, Senén e Iván.
- Goles: 0-1, m.74: Borja Torrado; 1-1, m.90: Garci.
Un único fallo de Aitor no último penalti que paraba Suso, permite ao Malpica pasar de ronda tras unha fermosa eliminatoria disputada en Pedra Queimada.
Ambientazo espectacular no campo malpicán para este clásico. No deportivo foi un partido moi igualado, cun Corme moi serio, con dominio alterno, que tivo algo máis de presenza en campo contrario na primeira metade.
Na segunda foi acelerando o partido. O Malpica empezou mellor a segunda parte, con varias chegas de Luis ou Aday; tendo incluso un penalti para poder adiantarse que parou Quique a tiro de Luis. Pero Borja Torrado aproveitaba un rexeite do pau a un tiro seu, tras unha xogada de Lucas, para adiantar aos cormeláns. Aínda tiveron un balón ao longueiro os visitantes, pero os de Baña foron envorcando o campo ata que xa no desconto, un córner sacado por Brais, remataba Garci, rexeitaba Quique pero o balón quedáballe de novo a Garci para mandar o partido aos penaltis.
Empezaba tirando o Malpica nos pés do mesmo Garci que mandou o partido acababa indo esta nerviosa tanda, cuia portería xa estaba chea de afeccionados. Marcaba o primeiro para poñer presión sobre os rivais, os outros 4 penaltis convertianos Luis, Aday, Chucho e Triple. Parou Suso o último penalti da tanda e certificou o pase do Malpica as semifinais da Copa da Costa.
O domingo, dejavú, cun novo Malpica-Corme en Pedra Queimada pero na Liga da Costa.
Porteño - Zas (3-2)
- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Alan, Álvaro, Alfredo, Baba, Mario, Gabri, Carrabete e Bruno. Tamén: Joel, Brais Mouzo, Yuyo, Martín, Sandro e Pablo.
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Pablo, Álvaro, Estefan, Juan Touriñán, Ronny e Redondo. Tamén: Andrés, Martín e Darío.
- Goles: 1-0, m.17: Baba; 1-1, m.63: Pablo; 2-1, m.57: Baba; 3-1, m.62: Gabri; 3-2, m.67: Darío.
Partido moi disputado e intenso, típico da Copa da Costa o vivido nunha Grixa cun gran ambiente. O partido comezou cun Porteño moi intenso, apretando desde o inicio e acumulando presenza en campo contrario. Os visitantes fixéronse fortes nas accións a balón parado e nos saques longos de banda, e precisamente desa vía chegou o primeiro gol do encontro, aproveitando a confusión e a acumulación na área para adiantarse no marcador. Bruno tivo o segundo gol, que llo atallou Pereiras.
Co paso dos minutos, o duelo entrou nunha fase máis controlada, con menos transicións e máis xogo de posición, aínda que o Zas non conseguiu atopar a claridade necesaria para xerar ocasións decisivas antes do descanso. Así, chegouse ao intermedio co 1-0 para o Porteño.
Na reanudación, o Sporting Zas saíu con decisión e atopou o empate tamén a balón parado, nun saque de banda que rematou igualando o marcador e activando aínda máis á bancada. Porén, a alegría durou pouco: de novo un saque de banda longo acabou converténdose no segundo tanto visitante, que Baba aproveitou para poñer por diante outra vez ao Porteño. E apenas 5 minutos despois Gabri facía o terceiro.
Parecía que o choque estaba visto para sentenza cando o Zas quedaba ademais cun home menos pola expulsión de Pablo, pero van os de Rubén Forján e Alfredo Pereiro e recurtan distancias no marcador. Cos últimos minutos, o Zas buscou con insistencia o empate, empurrando máis con corazón que con claridade, pero o marcador xa non se movería e o Porteño soubo resistir para asegurar o pase.
Castriz - Muxía (1-1)*
- Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Brais, Fabio Blanco, Alemán, Alberto Mata, Josiño, Luís, Juanjo, Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Marcos, Fabio Barbeira e Rodo.
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Brais, Carlos Costa, Javi Vilela, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Mauro, Manu Bogueira, Fran Moreira e Róber. Tamén: Joel, Isma, Alex, Julián, Manu Martínez e Carlos.
- Goles: 0-1, m.60: Isma Márquez; 1-1, m.85: Juanjo.
Partido soso ern Castriz, intenso pero sen apenas ocasións, cos dous equipos con moitas baixas. Partía o Castriz con bloque baixo, esperando atrás, e impedindo que houbese ocasións en ningunha das dúas áreas.
Na segunda, non se daba estirado o partido pero nun dos únicos tiros dos visitantes Isma Pose marcaba un golazo incrible, dos que non se ven nesta categoría, entrando dende banda cara o medio, e colándoa pola escuadra do segundo pau dende 30 metros.
Corrían os minutos, e os de Barca intentaban estirarse, e conseguían meter o empate nunha falta lateral a 5 do final.
Quedan de penaltis de infarto, na que comezaba fallando Víctor Alcaina para o Muxía, despois fallaba Fabio Blanco para o Castriz pero volvía errar Carlos Costa, tras unha nova parada de Coke; Anxo tampouco acertaba o 5º dos xalleiros permitindo que os goles de Brais e o defintiivo de Fran Moreira metesen aos muxiáns nas semis.
Cabana - Sofán (2-3)
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, David, Nando, Migueliño, Brais, Simón e Julián. Tamén: Diego, Noé Souto, Mario, Pablo Pose, Xabi Parga e Yeray.
- Sofán: Gardu, Javi, Alex Sánchez, Izan, Alexandre, Braian, Iraitz, Pablo Parafita, Marcos Montero, Julián e Iván Pardo. Tamén: Brais, Dani, Iván Parafita, Fabián, Dani Pena e Joel.
- Goles: 0-1, m.10: Iván Pardo nunha xogada a balón parado; 0-2, m.35: Joel; 1-2, m.60: Brais Fontenla; 1-3, m.62: Marcos Montero a pase de tacón de Joel; 2-3, m.64: Ferreiro nunha falta lateral.
Superou, pero con dificultades, o Sofán o pase ante un gran Cabana, que non se tendeu en ningún momento. Empezaron ben os cabaneses cunha ocasión clara de Simón e protestando un posible penalti, pero no primeiro achegamento, o Sofan comezaba a dominar máis e demostrou a súa pegada nunha falta excelentemente executada e moi ben rematada por Iván Pardo. A partir de ahí ata o descanso o partido estivo igualado, anotando Joel, en gran xogada individual o segundo.
Na segunda o partido estaba algo morto ata que cun bo disparo de Brais recurtaba e metía aos de Mingui no partido. Reaccionaron de contado os de Pablo Torreira co terceiro de Marcos Montero, pero en apenas 2 minutos Ferreiro, á saída dun córner, facía o 3-2 e deixaba de novo o partido aberto con 20 minutos por diante. Intentouno o cadro da Liga da Costa ante todo un Preferente, pero nin os cabaneses acertaron os seus balóns colgados nin os carballeses as contras claras que dispuxeron para sentenciar, e ao final pasa o equipo de máis envergadura.