Copa da Costa: Pío, pío

O Mazaricos cólase como protagonista dunhas semifinais nas que sorprendeu ao Xallas; pola súa banda, o Soneira deixou prácticamente sentenciado o seu pase
Houbo un ambiente espectacular no Municipal Pasou durante dous anos case consecutivos. Real Madrid e Barcelona chegaban ás semifinais de Champions League, e antes de empezalas a caverna, central leiteira ou simplemente aureola mediática xa estaban a debatir sobre o favorito da final española. E así chegaron zascas con diferentes nomes: Juve, Bayern… e os que quedan. Esa mesma sensación podería ter un seareiro dun Mazaricos que se revelou contra a lóxica, o establecido e o suposto, e deixou unha sorpresa colosal en forma de triunfo na Fontenla. E a piques estivo de ter sido máis grande, pero Doro minimizou a catástrofe. Na outra fronte todo foi polo guión imaxinado. O feito de que o Sporting Zas descansara na súa liguilla de ascenso a Primeira Autonómica podería deixar a entrever certas opcións máis no seu cruce co Soneira. Pero non houbo tanta historia. Antes do descanso parecía todo xa moi costa arriba, e agora, co 3-0, sería un hara kiri buscar a épica, cun horizonte tan precioso chamado ascenso. Na cabeza dos robots que parecen compoñer a máquina vimiancesa parece que só existe a palabra ascenso. O Zas centrarase a vindeira semana na Fase, pois xa coñece ao seu rival tralo resultado de hoxe. A vindeira semana, un Bastavales-Zas que vale un ascenso.

Moito fútbol base

E a fin de semana tamén tivo moito Fútbol Base. Ademais das finais das Copas de F8 alevín, benxamín e prebenxamín, das que falaremos moito, os cadetes e infantís xa teñen os seus finalistas de Copa. En Cadetes, Fisterra e Esteirana veranse as caras na final. Mentres en Infantís, o Outes remontaba ante o Fisterra en Ara Solis, e o Dumbría demostraba a súa superioridade ante o Corme.

Precisamente o Dumbría infantil é o único equipo costeiro con opcións a meterse en Liga Galega, trala caída do Xallas Xuvenil pola mínima ante o Portuarios. Os de Pablo Conde vencían apuradamente ao Polvorín e terán na eliminatoria final ante o Boiro o último paso cara a Liga Galega.

Os Veteranos, en semis

Espectacular a eliminatoria entre Bértoa e Agualada. Os coristanqueses marcaban o 3-1 a falta de 2 minutos para o final, un tanto que lles dá o pase ás semis polo valor doble dos goles fóra de casa. O Club do Mar, que volveu superar ao San Román, será o seu rival. Polo outro lado, o Porteño, tamén de 2ª, e tamén ascendido tras unha impecable campaña, meteuse na final, e se enfrontará ao Soneira, tras un partido de infarto ante o poderoso Coristanco.

 

CopadaCosta, Ida das Semis

O cadro da Copa da Costa, completo e sempre actualizado ao momento, en www.copadacosta.com  

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 4

Sempre en www.copadacosta.com  

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil

Sempre en www.copadacosta.com  

Copa da Costa Cadete, Volta das Semifinais

Sempre en www.copadacosta.com  

Copa da Costa Infantil, Volta das Semifinais

Sempre en www.copadacosta.com  

Finais das Copas da Costa F8

O cadro completo en www.copadacosta.com. Mañá traeremos unha crónica  

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Cuartos

Sempre en www.copadacosta.com  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)