Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Pío, pío

Copa da Costa: Pío, pío
O Mazaricos cólase como protagonista dunhas semifinais nas que sorprendeu ao Xallas; pola súa banda, o Soneira deixou prácticamente sentenciado o seu pase Houbo un ambiente espectacular no Municipal Houbo un ambiente espectacular no Municipal Pasou durante dous anos case consecutivos. Real Madrid e Barcelona chegaban ás semifinais de Champions League, e antes de empezalas a caverna, central leiteira ou simplemente aureola mediática xa estaban a debatir sobre o favorito da final española. E así chegaron zascas con diferentes nomes: Juve, Bayern… e os que quedan. Esa mesma sensación podería ter un seareiro dun Mazaricos que se revelou contra a lóxica, o establecido e o suposto, e deixou unha sorpresa colosal en forma de triunfo na Fontenla. E a piques estivo de ter sido máis grande, pero Doro minimizou a catástrofe. Na outra fronte todo foi polo guión imaxinado. O feito de que o Sporting Zas descansara na súa liguilla de ascenso a Primeira Autonómica podería deixar a entrever certas opcións máis no seu cruce co Soneira. Pero non houbo tanta historia. Antes do descanso parecía todo xa moi costa arriba, e agora, co 3-0, sería un hara kiri buscar a épica, cun horizonte tan precioso chamado ascenso. Na cabeza dos robots que parecen compoñer a máquina vimiancesa parece que só existe a palabra ascenso. O Zas centrarase a vindeira semana na Fase, pois xa coñece ao seu rival tralo resultado de hoxe. A vindeira semana, un Bastavales-Zas que vale un ascenso.

Moito fútbol base

E a fin de semana tamén tivo moito Fútbol Base. Ademais das finais das Copas de F8 alevín, benxamín e prebenxamín, das que falaremos moito, os cadetes e infantís xa teñen os seus finalistas de Copa. En Cadetes, Fisterra e Esteirana veranse as caras na final. Mentres en Infantís, o Outes remontaba ante o Fisterra en Ara Solis, e o Dumbría demostraba a súa superioridade ante o Corme.

Precisamente o Dumbría infantil é o único equipo costeiro con opcións a meterse en Liga Galega, trala caída do Xallas Xuvenil pola mínima ante o Portuarios. Os de Pablo Conde vencían apuradamente ao Polvorín e terán na eliminatoria final ante o Boiro o último paso cara a Liga Galega.

Os Veteranos, en semis

Espectacular a eliminatoria entre Bértoa e Agualada. Os coristanqueses marcaban o 3-1 a falta de 2 minutos para o final, un tanto que lles dá o pase ás semis polo valor doble dos goles fóra de casa. O Club do Mar, que volveu superar ao San Román, será o seu rival. Polo outro lado, o Porteño, tamén de 2ª, e tamén ascendido tras unha impecable campaña, meteuse na final, e se enfrontará ao Soneira, tras un partido de infarto ante o poderoso Coristanco.

 

CopadaCosta, Ida das Semis

www.copadacosta.com O cadro da Copa da Costa, completo e sempre actualizado ao momento, en www.copadacosta.com  

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 4

Sempre en www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil

Sempre en www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

Copa da Costa Cadete, Volta das Semifinais

www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

Copa da Costa Infantil, Volta das Semifinais

www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

Finais das Copas da Costa F8

O cadro completo en www.copadacosta.com. Mañá traeremos unha crónica O cadro completo en www.copadacosta.com. Mañá traeremos unha crónica  

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Cuartos

www.copadacosta.com Sempre en www.copadacosta.com  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios