O Corcubión logra o ascenso e volve á Liga da Costa

A familia do Corcubión celebrando o ascenso en Fontenla

Era unha finalísma a deste sábado en Fontenla. E así foi. O Corcubión vencía ao Xallas B por 0-3, os tres tantos de Lu, e consegue así o seu ascenso á 2ª Galicia.

Unha enorme alegría para o equipo de Nito, que consegue devolver ao cadro branquiazul á Liga da Costa, tras unha grandísima temporada e tras 5 tempadas na última categoría.

Á espera do choque do domingo na Grixa, outra final entre Porteño e Oza, a xornada sabatina deixou ademais a retirada do xogador máis Veterano das Ligas da Costa. Luís Roget colga ás botas aos seus 53 anos despois dunha longa carreira e un treito final da mesma ligada ao Castrelo CF.

Luís, o máis alto do Castrelo