O Corme CF únese á revolución do #FUTFEM
17 de agosto de 2022 (08:46 h.)
- O Mazaricos competirá este ano no F11.
Grandes novas, grandes avances no fútbol feminino da Costa da Morte. Coñeciamos a semana pasada que o SD Ponteceso saca este curso equipo de fútbol feminino, e esta puidemos comprobar que o seu veciño, o Corme CF fará o propio.
A vicepresidenta Gini non parou ata conseguir case unha vintena de rapazas qeu se unan a esta revolución do #Futfem na Costa da Morte, e levan xa unhas semanas adestrando, ás ordes de Rubén, no Cairo.
Con cadro cormelán, o curso que vén competirán 8 equipos costeiros na 22/23. O Bergantiños na 1ª Galicia; o Corme, Ponteceso, Cerqueda, As Miúdas, Xallas, Cee e o Mazaricos na 2ª.