Sábado. 01.10.2022
El tiempo

O SD Ponteceso sacará equipo feminino esta campaña

IMG-20220811-WA0019
A nova familia do SD Ponteceso feminino
O SD Ponteceso sacará equipo feminino esta campaña

Boas novas para o #FutFem costeiro. A familia do SD Ponteceso está  traballando arreo na confección do equipo feminino.

De feito, xa van unhas semanas nas que as costeiras están adestrando no Pinguel ás ordes do míster, Marcos Antelo Grela "Curro".

Co cadro pontecesán serán 7 equipos costeiros en competición de cara á 22/23. O Bergantiños na 1ª Galicia; o Mazaricos na Liga F7; e o Cerqueda, As Miúdas, Xallas e Cee na 2ª.

comentarios