Cousillas e Javi Baña deixan de ser adestradores do Porteño

Javi Bana e Cousillas na final da Copa da Costa co Porteno

Apenas estamos na xornada 6, e xa temos a primeira saída dun banco da Costa. Cousillas e Javi Baña deixan de ser os adestradores do Porteño CF. Os dous, que ademais forman parte desta directiva, que leva 3 anos en marcha, e veñen de tomar esta complicada decisión de deixar escapar dous homes da casa, que xa forman parte da historia do club.

Porque o traballo de Cousillas e Baña é tremendo nas últimas 3 temporadas. O ano pasado Porteño quedou subcampión da Copa da Costa, un fito histórico, e quedou 3º na Liga, xogando a fase de ascenso na que ata tiveron que levantar o pé para non ascender. Pero é que xa hai 3 temporadas, no seu primeiro curso no banco, estiveron a piques de ascender de 3ª a 2ª, e caeron na fase. O segundo ano foron líderes ata a xornada 20, e ascenderon como 2º a apenas 2 puntos do Baíñas. E este pasado, o terceiro, recén ascendidos, final da Copa e 3º na Liga da Costa.

Pero claro, “este inicio non foi o esperado, e se ben queda un mundo, vimos que era difícil reconducir o camiño”. Os dous formuláronlle á directiva a posibilidade de saír (“xa nos temos visto demasiado as caras”, recoñecían), e a directiva, nunha complicada decisión, aceptaron esa dimisión. “Boa parte do éxito destes anos é gracias a eles. Eles foron os artífices, sen dúbida”, recoñecen dende a directiva, agradecendo de corazón o seu traballo. “Non é fácil nin para eles nin para nós”, recoñecen dende a directiva. “Agora mesmo estu fastidiado, porque para min o fútbol é a cousa máis importantes das cousas menos importantes, pero seguirei vendo partidos por aquí e por suposto seguirei sendo toda a vida do Porteño”, relata Cousillas.

Pone fin a unha etapa no equipo da Ponte do Porto, un dos clubs fundacionais da Liga da Costa, creado en 1963.

Con todo, esta fin de semana aínda quedará Javi Baña de forma interina, ata que chegue o relevo.

Máis novas