Así queda a lista de adestradores, e adestradoras, do Fútbol da Costa para a 24/25
Quedan uns días para o mes de setembro e a meirande parte dos equipos xa están en marcha cos seus novos adestradores ao mando. A falta dun par de confirmacións, xa temos a lista completa.
Este ano podemos dicir que hai menos cambios que outras temporadas, pero sobre a gran novidade é que xa teremos algunha adestradora nos nosos banquiños!
Compre lembrar que a Preferente e a 1ª FUTGAL empezan o 8 de setembro (xa tendes os calendarios en www.futboldacosta.com) e que as Ligas da Costa comezarán o 15 de setembro, esperando ter ao longo da semana xa os calendarios.
Os equipos
Teremos 38 equipos no fútbol masculino e 19 no FUTFEM, todo un fito para a Costa da Morte.
Entre as novidades, o Muxía B e o Inter de Brens no masculino, e as novas incorporacións ao feminino de Esteirana, Soneira e Sporting Zas. A piques estivo de xurdir tamén o SD Laxe feminino, pero finalmente non deron xuntado rapazas.
Os adestradores e adestradoras
Unha das grandes novidades do curso será a presenza de varias adestradoras nos bancos da comarca. Uxía Saborido compartirá mando con Fran Figueroa na Esteirana e de Noelia Iglesias ao mando do Bergan B, ademais de Barca Toba ao mando do Muxía, que intentará tamén xogar cando se recupere da lesión.
Polo que respecta ás grandes novidades, na 1ª cómpre destacar a chegada de Iván González á Esteirana, collendo o relevo de Néstor; a de Cantudo ao San Lorenzo, e a de Sergio Pataca, o muxián que colle o mando do seu equipo tralo ascenso conseguido por Nando e Fran Toba.
Na Liga da Costa apenas haberá 3 nomes novos. Mentres esperamos polo do Corcubión, Oscar Mingui volve á súa casa, o Cabana, e Iván Vázquez colle o relevo de Kali no Coristanco.
Poucos cambios tamén na 3ª, onde Lilo cambia o Laxe polo Buño, sendo Ordóñez o novo adestrador do equipo laxense. Jorge Martínez toma o mando do Seaia. Os novos Inter de Brens e Muxía B será dirixidos por Javichu e Isidro , respectivamente.
No FUTFEM tamén hai continuidade, en xeral, cos cambios en Muxía, Mazaricos, Bergan B e o Seaia de F7, ademais dos 3 equipos novos.