Dumbría e Cee contan as horas para albergar a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais

A Selección da Costa sub11 en Sofan-Foto-SD

 

A gran festa do fútbol base galego, o Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas, xa está de volta na comarca, gracias ao empeño do CF Dumbría. Os campos do Conco, Dumbría, e de San Paio de Refoxos, en Cee, acollerán o luns 12 de febreiro e do martes día 13 dunha dobre xornada co mellor das canteiras do país.

Horarios e calendario

O luns 12 de febreiro terá lugar a disputa da primeira fase na categoría feminina, mentres que o martes día 13 celebrarase a primeira fase na categoría masculina.

A competición de Fútbol 8 celebrarase no Campo Municipal O Conco (Dumbría), mentres que a de Fútbol 11 disputarase no Municipal Sampaio de Refoxos (Cee).