Esteirana-Baio, a eliminatoria estrella dos Cuartos da #CopadaCosta
20 de maio de 2019 (23:31 h.)
O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com.
Despois das sangrías das primeiras eliminatorias a partido único, que dan un sabor especial a esta #CopadaCosta (porque non caen os equipos da Preferente ou da 1ª Autonómica por deixarse levar, se non porque a partido único pode pasar de todo), a RFGF organizou un novo sorteo para estes Cuartos, que contan con 4 equipos de 3ª.
E os Cuartos deixan unha eliminatoria estrella, Esteirana-Baio, que provocará que só haia un 1ª en semifinais.
A hora oficial será a das 18:00h, e a entrada custará 3€ en todos os campos.
Novas relacionadas
- Copa da Costa: Só o Baio e Esteirana resisten a rebelión dos "pequenos".
- Ángel Garrido: Esta Copa si que mola.