Martes. 17.09.2019
El tiempo

Esta Copa si que mola

O actor e humorista Fede Perez fixo o saque de honra no choque copeiro entre Mazaricos e Cee
O actor e humorista Fede Perez fixo o saque de honra no choque copeiro entre Mazaricos e Cee
Esta Copa si que mola

Arrancaron os dezaseisavos de final da Copa da Costa e xa con grandes sorpresas, cando en artículos anteriores comentábamos o acerto total da federación en poñer as eliminatorias a partido único, era por lograr ser mais vistosa e competida de principio a fin e non defraudou.

Os dous grandes equipos da Costa, que a tempada pasada nos fixeran vibrar nunha final inolvidable e de locura resolta desde o punto fatídico, quedan apeados da mesma no seu primer partido que disputaban. As rotacións do Xallas pensando na liga non foron capaces de entrar enchufados en Malpica e non puideron remontar o 3~0 co que foron o descanso. O Sofán, pola súa parte, saía enchufado xa só pensando na competición copeira pero o equipo local, un Baio que esta tempada está a gran nivel, tirou de factor campo e do que sempre aparece, un MC que co seu doblete remontaría o partido para darlle o pase a oitavos.

Aparte de Malpica e Baio, só Camariñas, Cabana e Coristanco aproveitaron o factor campo contra equipos de superior categoría, estes últimos demostrando o nivel da tempada pois o campión de 3ª facíalle un set o último clasificado de 2ª. Quedando dos 16 partidos disputados cunha igualdade máxima pois pasaron 8 locais e 8 visitantes.

De momento volverán a quedar uns Oitavos (como vedes no cadro en www.copadacosta.com) emocionantes a partido único, co cal será difícil poñer favoritos nunha quiniela, e despois ca novidade tamén de volver a sortear o resto do cadro, que fai mais interesante clasificarse sin saber quen pode ser o rival en cuartos, cando xa se recupera a eliminatoria a dobre partido.

Unha Copa emocionante, na xa aconteceron grandes sorpresas, remontadas e pases por penaltis e a emoción de xogarse todo a unha única opción a vitoria. Algo que tamén queren volver a recuperar na Copa do Rei para facela vistosa e impredecible como en anteriores anos, pero que Tebas presidente da Liga rechaza dicindo que pode ser un fracaso como cando se xogou unha final Mallorca ~ Recreativo. Señores dirixentes, que os equipos humildes gañen nunca se pode considerar fracaso. Disfrutemos do fútbol sin rede de seguridade, un partido "de tú a tú" e que venza o mellor.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios