Estes son os nomes que ocuparán os 57 bancos do curso 25/26 no Fútbol da Costa

Algúns dos novos adestradores desta temporada

Unha vez que coñecemos a lista de equipos e as categorías nas que competirán o curso que vén, facemos xa un repaso completo aos adestradores que levarán o mando das embarcacións do noso Fútbol da Costa.

Cómpre destacar a alta renovación nos equipos da Liga da Costa, con ata 9 cambios, polos 3 da 1ª FUTGAL, e os 6 da 3ª, mentres que os dous equipos da Preferente apostan pola continuidade. Con todo aínda queda algunha dúbida por descubrir, como quen serán o adestradores do Zas ou o Muxía B en masculino, e os tamén Zas e  Ponteceso ou o Xallas B, en feminino.

Cómpre destacar grandes regresos á Liga da Costa como o de Raúl Periscal ao banco do Mazaricos, o de Ángel ao Corme. Ou movementos, como o de Diego Lobelos ao Baio. Pero tamén a aposta por duplas singulares como a de Alberto e Mayor na aposta forte do Porteño ou Nacho e Makaay no Fisterra, con Mayor e Makaay facendo de xogador/adestrador.

No FEM, moita máis continuidade, pero aínda con déficit de adestradoras ao mando cos clubs. Mesmo unha das poucas que había, Uxía Saborido, que acompañaba a Fran Figueroa ao mando da Esteirana, cambia de barco polo da Esteirana de Remo. A única adestradora será Noe Iglesias que despois de dirixir ao Bergan B o ano pasado, toma o mando do Muxía.

MÁIS INFO