Esta é a lista dos equipos por categorías do Fútbol da Costa 25/26

Aínda a mediados de xullo e o Fútbol da Costa xa pensa na campaña 25/26. As redes sociais botan fume coas renovacións e as fichaxes, e por iso queremos ir actualizando.
As competicións primeirizas serán a Preferente e a 1ª FUTGAL, que o farán o 7 de setembro. Para o 14 quedarán, seguramente, o resto de competicións, pero aínda non hai confirmación oficial. A que acaba de presentarse é a 1ª e 2ª Div. FEM, e que comezarán o 21 de setembro.
Antes de facer un repaso polos adestradores do curso, facendo un repaso aos equipos que compiten este ano.
Equipos en competición
Fútbol masculino
En canto aos equipos en competición, esta é a disposición, coas únicas novidades da presenza do Xallas B Feminino, e a desaparición do Mazaricos Fem:
- 2 equipos na Preferente: Sofán e Dumbría.
- 5 equipos na 1ª FUTGAL, Grupo Costa-Santiago: Fisterra, Esteirana, Muxía, Castriz e Camariñas.
- 16 equipos na 2ª FUTGAL: San Lorenzo, Baio, Porteño, Mazaricos, Outes, Ponteceso, Corme, Cabana, Monte Louro, Coristanco, Xallas, Muros, Corcubión, Soneira, Zas, Sofán B e Malpica.
- 15 equipos na 3ª FUTGAL: Coristanco, Lira, Cee, Baíñas, Volantes, Oza, Cerqueda, Camelle, Buño, Seaia, Laxe, Pereiriña, Nantón, Inter de Brens e Muxía B. (O Bergan B en principio, segundo fontes federativas, sae na Coruña).

FUTFEM
As principais novidades son a desaparición do Mazaricos, con problemas de efectivas (pescou ben o Xallas aí con xogadoras como Silvia, Graci ou Valeria) como As Miúdas, pero con intención de saír a competir. O Xallas B formula a posibilidade de facer equipo.
Aínda non están definidos os grupos
- 1 equipo na 1ª Div. Fem: Xallas.
- 5 equipos na 2ª Div. Fem: Dumbría, Cee, Corme, Muxía e Esteirana.
- 12 equipos na 3ª Div. Fem. (os grupos aínda están sen confirmar): Ponteceso, As Miúdas, Bergan B, Camariñas, Corcubión, Cabana, Fisterra, Cerqueda, Outes, Soneira, Zas, Xallas B.
- 1 equipo no F7: Seaia.