F8: Corme e Outes esperan os outros 3 campións nunha fin de semana con 4 finais

Corme xa é campión da Liga Alevín Norte-Foto-Fin Lema Hai dúas semanas era o Outes o que se alzaba co título da Liga Benxamín Sur, con bastante solvencia. Esta pasada fin de semana era o Corme, o que facía o propio proclamándose campión da Liga Alevín Norte, tendo ademais unha xornada de marxe. Os pequenos cormeláns só cederon unha derrota e disfrutan xa do título á espera desta última e espectacular xornada.
Os rapaces benxamíns do Outes quedaron campións con varias xornadas de marxe

3 títulos en xogo

I é que hai 3 títulos en xogo, con varias finalísimas con duelos directos. Alevín Sur
O Xallas A de Jota ten preto o título Alevín Sur Polo Sur, os Alevíns do Xallas A teñen todo de cara para facerse co título de Liga. Dependen de si mesmos para conseguilo, pero teñen que gañar en Sofán o domingo ás 11:00. Esperando estará o Outes, que xoga á mesma hora en Castriz. Ata agora o único equipo que puido vencerlle esta temporada ao Xallas A. Se gañan os da Serra ao Xallas B e falla o equipo A dos verdes, o Outes será doble campión das ligas F8.
Alevíns do Outes quedaron campións no campionato Intercomarcal de FS de Negreira   Final nos Benxamíns Norte
UD Cerqueda Benxamin No Norte, os Benxamíns do Cerqueda e do Vimianzo afrontan unha finalísima, o venres ás 19:00h en Xaviña. O Vimianzo chega cun punto de vantaxe polo que lle vale a vitoria para alzarse co título norteño nesta curta liga.
Benxamíns do Vimianzo   Final en Prebenxamíns
Os Prebenxamíns dos UC Cee xóganse o título ante o Dumbría Xa no grupo único dos Prebenxamíns, Dumbría e Cee chegan con opcións á última xornada, despois de que o Cee eliminase da pelexa ao Xallas nesta pasada xornada. Así, o San Paio de Refoxos acollerá esta mañá de sábado (11:00h) unha nova final, coma a dos Infantís da semana pasada. O empate válelle ao cadro dumbriés, pero o Cee.
Prebenxamíns do Dumbría

Sorteo da Copa

E sen tempo a descansar, este vindeiro luns ás 19:30, celébrase o sorteo da Copa da Costa de F8. Clasificaranse os 6 primeiros dos Grupos Sur e 2 dos grupos Norte, mentres que en Prebenxamíns os 4 primeiros disputarán unhas semifinais.

Novas relacionadas

Máis novas de base