![Corme xa é campión da Liga Alevín Norte-Foto-Fin Lema]()
Corme xa é campión da Liga Alevín Norte-Foto-Fin Lema
Hai dúas semanas
era o Outes o que se alzaba co título da Liga Benxamín Sur, con bastante solvencia. Esta pasada fin de semana era o Corme, o que facía o propio proclamándose campión da Liga Alevín Norte, tendo ademais unha xornada de marxe. Os pequenos cormeláns só cederon unha derrota e disfrutan xa do título á espera desta última e espectacular xornada.
![Os rapaces benxamíns do Outes quedaron campións con varias xornadas de marxe]()
Os rapaces benxamíns do Outes quedaron campións con varias xornadas de marxe
3 títulos en xogo
I é que hai 3 títulos en xogo, con varias finalísimas con duelos directos.
Alevín Sur
![Xallas A Alevin]()
O Xallas A de Jota ten preto o título Alevín Sur
Polo Sur, os Alevíns do Xallas A teñen todo de cara para facerse co título de Liga. Dependen de si mesmos para conseguilo, pero teñen que gañar en Sofán o domingo ás 11:00. Esperando estará o Outes, que xoga á mesma hora en Castriz. Ata agora o único equipo que puido vencerlle esta temporada ao Xallas A. Se gañan os da Serra ao Xallas B e falla o equipo A dos verdes, o Outes será doble campión das ligas F8.
![Alevins do Outes no Intercomarcal de FS de Negreira]()
Alevíns do Outes quedaron campións no campionato Intercomarcal de FS de Negreira
Final nos Benxamíns Norte
![UD Cerqueda Benxamin]()
UD Cerqueda Benxamin
No Norte, os Benxamíns do Cerqueda e do Vimianzo afrontan unha finalísima, o venres ás 19:00h en Xaviña. O Vimianzo chega cun punto de vantaxe polo que lle vale a vitoria para alzarse co título norteño nesta curta liga.
![Benxamins do Vimianzo]()
Benxamíns do Vimianzo
Final en Prebenxamíns
![Prebenxamins dos UC Cee]()
Os Prebenxamíns dos UC Cee xóganse o título ante o Dumbría
Xa no grupo único dos Prebenxamíns, Dumbría e Cee chegan con opcións á última xornada, despois de que o Cee eliminase da pelexa ao Xallas nesta pasada xornada. Así, o San Paio de Refoxos acollerá esta mañá de sábado (11:00h) unha nova final, coma a dos Infantís da semana pasada. O empate válelle ao cadro dumbriés, pero o Cee.
![Prebenxamins do Dumbria]()
Prebenxamíns do Dumbría
Sorteo da Copa
E sen tempo a descansar, este vindeiro luns ás 19:30, celébrase o sorteo da Copa da Costa de F8. Clasificaranse os 6 primeiros dos Grupos Sur e 2 dos grupos Norte, mentres que en Prebenxamíns os 4 primeiros disputarán unhas semifinais.
Novas relacionadas
Máis novas de base