FF: A calidade esteirá
Se a xornada pasada saldábase cunha vitoria carballesa e unha derrota muradá, desta volta tocou do revés. As de Fran Figueroa conseguían 3 valiosos e xustos puntos en Carral, tras un choque sen demasiado fútbol pero que demostra a calidade das muradás, concretamente da pichichi Bárbara a que desestabilizou o encontro coa súa entrada, rompendo a igualada.
Pola contra, o Bergatiños de Geuli non puido ante un dos de arriba, o Pastoriza, e acabou cedendo e baixando á 7ª praza. Na última xornada da primeira volta pelexará co Eirís por volver á 6ª posición.
2ª División, Grupo 2, xornada 12
- Resultado: Carral - As Miúdas (0-1)
- As Miíudas: Julia, Yaiza, Paula, Antía, Isa, Laura, Leti, Eva, Gala, Pati e Sara Cubelo Entraron: Bárbara, Marta, Natalia, Melodi e Irea.
- Gol: 0-1, min.60: Bárbara.
Chegaban a Carral @s Miúd@s con baixas importantes en tódalas liñas do campo, incluso Bárbara e Antía se sumaban a convocatoria con molestias, pero que o final non impediron que ambas foran decisivas no final do encontro.
No primeiro tempo o dominio foi total das visitantes, a pesar de que o xogo foi un barullo total, sin criterio, apenas Gala e Pati facían algo de perigo, chegando ao descanso coa sensación de que se puido ter marcado.
Na segunda, malia non facer un bo partido, as Miúdas meteron ás locais no seu campo, e foi a entrada da esteirana Bárbara a que rompeu o choque. A pesar de estar tocada, no segundo balón que colleu bateu a boa gardaredes local definindo por alto. Seguíu facendo dano o cadro visitante pero o cadro local tamén tivo algunha ocasión controlada por Julia. A nota negativa a lesión de Gala, que terá que repousar un forte golpe.
As muradás esperan recuperar efectivos para dar a cara ante o Betanzos no derradeiro partido desta bonita primeira volta.
2ª División, Grupo 1, xornada 14
- Resultado: Pastoriza - Bergantiños (3-0)
- Bergan: Lucía, Torrado (Sabrina, m.75), Rabuñal, Seo, Paula (Lydia. min.60), Lore, Noe (Eva, m.60), Lijó, Isa (Cambón, m.70), Tamara (Aroa, m.80) e Canosa.
Difícil partido para as de Gueli ante o 2º da táboa. A pesar do resultado non foi un mal partido das carballesas, pero as locais demostraron estar a un nivel superior, pois dominaron o partido pero sen crear demasiadas ocasións sobre a portería de Lucía. Pronto se adiantaba o Pastoriza ao coller desprevida á zaga visitante ao sacar con rapidez unha falta no medio campo. Á media hora marcaban o segundo e malia que a segunda metade foi máis igualada, eran as locais as únicas que aproveitaron as súas ocasións para sentenciar.
O vindeiro domingo recibiremos ao Eirís nas Eiroas no que será o último partido da primeira volta, loitando pola 6ª praza.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).