Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: A calidade esteirá

FF: A calidade esteirá
Barbara volveu ser determinante cas Miudas Barbara volveu ser determinante cas Miudas

Se a xornada pasada saldábase cunha vitoria carballesa e unha derrota muradá, desta volta tocou do revés. As de Fran Figueroa conseguían 3 valiosos e xustos puntos en Carral, tras un choque sen demasiado fútbol pero que demostra a calidade das muradás, concretamente da pichichi Bárbara a que desestabilizou o encontro coa súa entrada, rompendo a igualada.

Pola contra, o Bergatiños de Geuli non puido ante un dos de arriba, o Pastoriza, e acabou cedendo e baixando á 7ª praza. Na última xornada da primeira volta pelexará co Eirís por volver á 6ª posición.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 12

  • Resultado: Carral - As Miúdas (0-1)
  • As Miíudas: Julia, Yaiza, Paula, Antía, Isa, Laura, Leti, Eva, Gala, Pati e Sara Cubelo Entraron: Bárbara, Marta, Natalia, Melodi e Irea.
  • Gol: 0-1, min.60: Bárbara.
Berro de guerra das Miudas Berro de guerra das Miudas

Chegaban a Carral @s Miúd@s con baixas importantes en tódalas liñas do campo, incluso Bárbara e Antía se sumaban a convocatoria con molestias, pero que o final non impediron que ambas foran decisivas no final do encontro.
No primeiro tempo o dominio foi total das visitantes, a pesar de que o xogo foi un barullo total, sin criterio, apenas Gala e Pati facían algo de perigo, chegando ao descanso coa sensación de que se puido ter marcado.

Na segunda, malia non facer un bo partido, as Miúdas meteron ás locais no seu campo, e foi a entrada da esteirana Bárbara a que rompeu o choque. A pesar de estar tocada, no segundo balón que colleu bateu a boa gardaredes local definindo por alto. Seguíu facendo dano o cadro visitante pero o cadro local tamén tivo algunha ocasión controlada por Julia. A nota negativa a lesión de Gala, que terá que repousar un forte golpe.
As muradás esperan recuperar efectivos para dar a cara ante o Betanzos no derradeiro partido desta bonita primeira volta.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 14

  • Resultado: Pastoriza - Bergantiños (3-0)
  • Bergan: Lucía, Torrado (Sabrina, m.75), Rabuñal, Seo, Paula (Lydia. min.60), Lore, Noe (Eva, m.60), Lijó, Isa (Cambón, m.70), Tamara (Aroa, m.80) e Canosa.

Difícil partido para as de Gueli ante o 2º da táboa. A pesar do resultado non foi un mal partido das carballesas, pero as locais demostraron estar a un nivel superior, pois dominaron o partido pero sen crear demasiadas ocasións sobre a portería de Lucía. Pronto se adiantaba o Pastoriza ao coller desprevida á zaga visitante ao sacar con rapidez unha falta no medio campo. Á media hora marcaban o segundo e malia que a segunda metade foi máis igualada, eran as locais as únicas que aproveitaron as súas ocasións para sentenciar.

O vindeiro domingo recibiremos ao Eirís nas Eiroas no que será o último partido da primeira volta, loitando pola 6ª praza.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios