Unha fin de semana para disfrutar do Fútbol Base costeiro

A Selección da Costa sub15 participou na Malpica Vidú Cup-Foto-Fb Selección da Costa da Morte

Foi unha fin de semana completa de canteira, con torneos nos campos das Eiroas, o Carral, Lombáns, Fontenla e Xaviña e o Cairo. Unha fin de semana para disfrutar, con torneos divertidos e sen demasiadas esixencias.

O Bergantiños, o gran vencedor da III Malpica Vidú Cup

En Malpica e no Cairo disputábase a III Malpica Vidú Cup, que contaba cun gran cartel de equipos xa que moitos dos equipos más importantes do panorama futbolístico galego, un conxunto portugués e dúas seleccións comarcais, entre elas a Selección da Costa sub15. O cadro amarelo eliminou ao Chaves na quenda dos penaltis; pero caía ante o Bergantiños por 2-0. era precisamente o Bergantiños o que vencía na final ao Racing de Ferrol.
Foi ademais o seu xogador Javi Pérez o Mellor xogador do torneo e también o de MVP da final, que sería para Roi Canedo. Mentres tanto, o mellor porteiro desta III Malpica Vidú Cup sería para Iván Fraga, porteiro da Selección da Costa da Morte. E o de mellor adestrador sería para álvaro Rodríguez do Racing de Ferrol, club que se llevaríao Fair Play desta terceira edición do torneo, polos valores que demostraron ter dentro e fóra do terreo de xogo.


Selección da Costa na Vidú Cup

Equipo Vidú que fixo posible a Vidú Cup

AFA Angola, campión en Carballo

Máxima emoción nas Eiroas no Torneo Internacional Concello de Carballo. O Academia Futebol Angola levantou hoxe o trofeo, por terceiro ano consecutivo. O equipo angoleño da Academia Futebol Angola alzouse, por terceiro ano consecutivo co título, ao derrotar na final ao Atlético de Madrid (2-3). O terceiro posto foi para o RC Celta, que venceu nos penaltis (0-0) ao Real Sporting de Gijón, o mellor na liguilla regular con seis vitorias en 7 partidos.
O premio ao mellor xogador recaeu en Mario Prado, do Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso; o de mellor porteiro, en Ramón López, do Sporting; e o de máximo goleador, con 6 tantos, en Eurico, do AFA.
No torneo houbo lugar tamén para a solidariedade: o Bergantiños - Escuelas Luis Calvo e o Colexio de árbitros doaron aquipamento deportivo e balóns para o proxecto do AFA Angola.

Xallas CUP

Como fixeron os peques do Xallas e de todos os equipos que participaron na doble xornada da Xallas Cup, a cita que encheu con centos de nenos o campo xalleiro. Finalmente, ademais das E.F. Luís Calvo, que arrasan por onde pasan, e vencían tamén en Prebenxamíns, gozaron do título os Infantís do Xallas, gañando o trofeo da casa.