O Fútbol 8 costeiro xa ten os seus campións

Unha das imaxes da fin de semana protagonizada polos Cee e Dumbría de Benxamíns

Rematou esta minitempada pandémica para o fútbol 8 costeiro. E fíxoo coas finalísimas nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

Alevín

O campo de Fontenla acollía o sábado pola tarde a Final Alevín entre Dumbría e Vimianzo. Os dumbrieses finalmente se impuñan por 6-0.


Dumbría, campión Alevín


Vimianzo, subcampión alevín

Benxamín

A final Benxamin desputábase un pouco antes no Cunchido, entre Cee e Dumbría. Unha final igualadísima, cun Cee que se colocaba por diante con 2-0, e cun Dumbría que apretou ata o final para deixar o 2-1 final, permitindo que os ceenses, dirixidos por Leo, se alzasen campións.
A deportividade mandou no choque.


Cee, campión benxamín

Prebenxamín

Pola mañá disputábase no San Paio de Refoxos a final Prebenxamín. Tamén estaba o Dumbría entre os finalistas, pero os campións foron os rapaces do Xallas, da man de Rupper, os que se alzaron campións, con dous tantos na segunda metade para facer o 2-0.

Fermosas festas do fútbol base as vividas nos campos costeiros.


Xallas, campión Prebenxamín


Dumbría, subcampión prebenxamín