FUTFEM: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador

Imaxe do Dumbría-Corme no Cairo-Foto-Fin Lema

Xa co calendario da 3ª Div. FEM. preparado, disputábase esta pasada fin de semana a segunda xornada das ligas de 1ª e 2ª. O Xallas, único equipo da Costa na 1ª, sufría unha goleada enganosa, pois estivo metido no partido ata o m.86, e segue sen estrear o taboleiro de puntos.

Mentres, na 2ª, había novo derbi costeiro. E se a semana pasada o Muxía vencía ao Corme, esta semana o Corme superaba ao Dumbría (cun resultado máis abultado do que sinalou o marcador), demostrando que a igualdade será protagonista. As mellores colocadas tras estas dúas semanas son as muxiás, que venceron ao Unión Campestre. Pola súa parte, a Esteirana, que descansaba a semana pasada, debutaba con vitoria, e o Cee aínda non sumou.

1ª Div. Fem., xornada 2

At. San Pedro - Xallas (6-2)

  • Xallas: Rosío, Cali, Ahinoa, Andrea Otero, Espasandín, Sara, Noe, María Rial, Barcia, Isa e Olalla. Tamén: Graci, Silvia, Valeria Iglesias e Valeria Gasco.
  • Goles: 1-0, m.9; 1-1, m.15: Isa; 2-1, m.35; 3-1, m.50; 3-2, m.76: Olalla; 4-2, m.86; 5-2, m.91; 6-2, m.83.

Saíron moi ben as xogadoras de Leoy García Fateira no campo de Iñás, impoñendo o seu ritmo de xogo, pero un erro entre a defensa e a porteira regalaba un tanto ás locais. Reaccionaron as verdes, e pronto Isa empataba. Eran bos minutos das xalleiras que tiveron ocasións para adiantarse por medio de Oli, Isa e Barcia. Pero volveu chegar outro golpe das locais. Antes do descanso Oli batía un libre directo no longueiro que podía ser o empate.

Ao pouco de comenzar a segunda, novo regalo tras un pase atrás sen destinataria, que a dianteira local aproveitaba para facer o terceiro. Fo un duro golpe e o equipo tardou en reaccionar, pero a 15 do final, Oli metía ao equipo de novo no partido tras outro bo pase de Noe. Estivo aí o partido, sobre todo nun centro de Graciela que non atopou rematadora, e nesa mesma contra, a 4 dos 90, as locais sentenciaban do partido, borrando do mapa a unhas xalleiras que non puideron parar dous goles máis.

2ª Div. Fem., xornada 2

Esteirana - Orillamar (5-1)

  • Esteirana: Maruxa, Sara, Sandra Dosil, Lara, Nuria, Tobío, Nerea, Marta PIñeiro, Melania, Bárbara e Rut. Tamén: Uxía, Leti, Alicia e Lidia.
  • Goles: 1-0, m.40: Bárbara; 2-0, m.49: Sandra Dosil de penalti; 2-1, m.60: Salma de penalti; 3-1, m.59: Rut; 4-1, m.71: Lidia; 5-1, m.90: Bárbara.

Chegou por fin o debut en competición para as de Fran Figueroa, unha semana máis tarde que o resto de competidoras por ter o turno debut descanso na xornada 1. Saían ao campo co seu himno para arrincar un choque con máis intensidade que xogo, con máis presas que calidade. As coruñesas puxeron un punto máis de intensidade nos duelos, feito que complicou a circulación de balón. As blaugranas pediron expulsión nunha xogada na que Bárbara quedaba sóa pero o colexiado deixouno en amarela.

Pasada a media hora si que quedarían en inferioridade as rivais por unha agresión sen disputa do balón, feito que aproveitaron as locais para atopar desaxustes e ocos e impoñer a superioridade. De feito, pouco despois Bárbara abría o marcador antes do descanso.

Sandra Dosil ampliaba dende os 11 metros pero unhas mans de Sara permitían ao Orilla (no que xogan este ano as mazaricás Ánxela e Claudia) meterse de novo no partido. Así e todo, os goles de Rut e Lidia deixaban claro que os puntos quedarían na casa.

Unión Campestre - Muxía (4-5)

  • Muxía: Vero, Ana Toba, María, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, Laura Doce, Patri Romaní, Elsi, Eva Lago, Barca e Eva Lema. Tamén: Nuria, Nerea Pazos, Raquel, Paula Rey e Andrea Insua.
  • Goles: 1-0, m.22: Jessica; 1-1, m.26: Barca; 1-2, m.29: Barca; 1-3, m.46: Barca; 1-4, m.60: Barca; 2-4, m.64: Laura Páramo; 3-4, m.73: Laura Páramo; 4-4, m.82: Adriana; 4-5, m.86: Eva Lema.

Partido con luces e sombras para o equipo de Noe Iglesias. Empezaron relaxadas as muxiás e o Campestre impuxo o seu xogo de balóns longos, facendo dano e poñéndose por diante no 20’. Pouco tardaron en darlle a volta ao partido as corviñas, facéndose donas do balón e apareceron o furacán Barca, que facía dous goles antes do descanso e outros dous nos primeiros minutos da segunda.

O partido volveuse máis duro e o Campestre conseguía ir impoñendo ese xogo trabado, meténdose no partido a base de xogadas a balón parado.
A falta dun cuarto de hora, penalti e expulsión de Andrea Piroja, pero Vero consegue parar a pena máxima. Así e todo as locais seguen percutindo e conseguen empatar o partido. Cando parecía que o choque decantaríase polas locais, a calidade das vermellas volveu aparecer, e tras un par de contas, Eva Lema conseguía o gol da vitoria.

Corme - Dumbría (3-0)

  • Corme: Lucía, Saskia, Laura, Lucía (Ana); Candela (Salomé), Olalla, Ana, Zeltia; Carla (Aurora), Cláudia, Cris.

  • Dumbría: Lucía Martínez, Carril, Adriana, Laura Montero, Mariña, Yoli, Paula Fandiño, Sabela, Alba, Carla, Elba. Tamén: Yaiza Sar, María, Claudia Cundíns, Lara, Alicia.
  • Goles: 1-0, m.7: Claudia; 2-0, m.33: Saskia nun córner; 3-0, m.90: Claudia nunha contra.
Corme e Dumbría saltando ao Cairo co colexiado Roberto Baña. Foto: Fin Lema

Fermoso e intenso derbi o vivido no Cairo, cun resultado enganoso tralo visto sobre o campo. O Corme si que pareceu ter as cousas máis claras ante un Dumbría que aínda cometeu varios erros imperdoables. Foi un choque de dominio alterno, que comezaba co tanto inicial de Claudia para as de Rubén Souto, que saíran máis dominadoras. Pouco a pouco o Dumbría íase asentando e consegiu dominar o balón o resto do primer tempo, tendo varias chegadas. E se cadra cando mellor estaba as de Santi Lira, un córner mal defendido permitía a Saskia facer o segundo para as locais.

Na segunda, cas ideas un pouco máis claras as de Santi, comezaba a facer algo máis de dano, cun par de mans a mans que batían na meta Lucía. Pero as dumbriesas, aínda sen a paciencia suficiente para atopar espazos e ademais coa pólvora mollada, non conseguiron recurtar, sendo Claudia, xa co equipo visitante envorcado, a que metía o terceiro sobre a bocina.

Na segunda salimos a intentar manter o resultado, sabendo que o Dumbria se acabaría volcando en busca da remontada, e nos permitiría poder salir a contra con máis claridad, e así foi, posesión para o Dumbria toda a segunda parte con alguna ocasión que dou parado ben Lucía, e nos esperando a Ter a Nosa oportunidad para sentenciar, teriamos Unha moi clara con Claudia que pararía a porteira rival, respondería o Dumbria con outra de Sabela igual de peligrosa, e xa co partido acabado e un Dumbria volcado o 100%, Claudia conseguiría o 3-0 final. Primeiros puntos neste novo ano, díante da Nosa xente e fronte a un dos equipos que mais me gusta como xogan o fútbol, toca remangarse e a seguir.

Foto-Fin Lema

Cee - Bergan B (0-2)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Laura Blanco, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Lucía Martínez, Sharay Caaaño. Tamén: Valeria, Saray Duarte, Gala e Carolina Lojo.
  • Goles: 0-1, m.41: Carmen Santos; 0-2, m.56: Lucía Canosa.

Non tivo o seu día o cadro de Rafa Suárez. Era un choque de moito mediocampismo, sen apenas chegadas ás áreas salvo un par do Cee, e unha contra do filial bergantiñán ao fío do descanso co que se metían por diante as de Pablo Corgo.

Na segunda parte tivo máis o control o Bergantiños e tivo un tiro rexeitado no pau. O Cee tivo dúas ocasións sen materializar pero era o Bergantiños o que ampliaba a renda mediante Canosa nun tiro dentro do área tras un balón morto. A partir de aí non foi quen o Cee de reaccionar.

Máis info

Máis novas do FUTFEM