luns. 22.09.2025
El tiempo

1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta crecendiais

O Muxia FEM levando o trofeo da Ria de finais de agosto
O Muxía coa Copa do trofeo da Ría disputado a finais de agosto
1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta crecendiais

Arrincou a temporada do fútbol feminino da Costa. Aínda esperando o calendario da Liga da Costa, botou a rodar o balón na 1ª División coa participación do Xallas, e a 2ª División, na que temos 5 equipos en competición.

Descansaba a Esteirana nesta primeira xornada, na que venceu o Dumbría e na que o renovado Muxía deu conta da sía melloría tras vencer a un Corme que o ano pasado foi implacable. Non tivo tanta sorte o Cee que volveu sen premio de Tordoia.

1ª Div. Fem, xornada 2

Xallas - Victoria CF B (1-2)

  • Xallas: Rosío, Cali, Silvia, Claudia Espasandín, Valeria Iglesias, Noe, Ahinoa, Isa, María Rial, Barcia e Oli. Tamén: Graci, Sara, Andrea Otero, Yaiza, e Valeria Gasco.
  • Goles: 0-1, m.8: Ana Pereira; 0-2, m.65: Nuria Seijo; 1-2, m.78: Oli de penalti.

Primeiro partido das de Eloy García Fateira na nova categoría, ante un rival dos que vai estar arriba. Custoulle entrar no partido ao cadro xalleiro, que se viu superado na primeira media hora polas herculinas, que pronto se adiantaban tras penalti nun barullo de pernas. Tiña que aparecer Isa para salvar un gol na liña de gol tras un córner visitante, antes de que o cadro local comezase a carburar, a gañar duelos. A pesar de non poder facerse co balón, si que tiveron un par de transicións ofensivas, a primeira por medio de Barcia nun tiro cruzado que atalla a porteira, e a segunda nun centro dela mesma que Isa non remata por moi pouco, podendo ser penalti e Oli manda arriba no segundo pao. As visitantes tamén avisaban pero Rosío estaba moi segura.

Saía máis armado atrás o bloque xalleiro na segunda, esperando abaixo e intentando saír rápido, pero ao pouco chegou o segundo das coruñesas, tras un pase filtrado por unha xogadora doutra ctegoría. Así e todo non lle perderon a cara ao partido as verdes, e co seu plan conseguían sacar algunha contra por medio de Espasandín, nun roubo alto, e Olalla nun centro de Espasandin. Chegaría o gol, gracias á conexión Noe-Oli, tras un pase maxistral de Noe que Olalla aproveita para regatear á porteira e esta derrúbaa. Non fallou o penalti a 10 xalleira, e aínda Noe tivo o empate nunha falta dende lonxe á que a porteira facía un paradón.

2ª Div. Fem, xornada 1

Dumbría - San Lázaro (5-3)

11 do CF Dumbria Fem 25-26-Foto-Dumbria C

  • Dumbría: Lissette, Carril, Adriana, Mariña, Lara, Yoli, Claudia Cundíns, Paula Fandiño, Elba, Alba, Sabela. Tamén: Laura Montero, Carla Lago, Alicia, Carla Pérez.
  • Goles: 0-1, m.3: Ana Carballo; 0-2, m.7: Irene Rebolo; 1-2, m.33: Mariña; 1-3, m.47: Irene Rebolo; 2-3, m.48: Adriana; 3-3, m.69: Paula Fandiño; 4-3, m.72: Mariña; 5-3, m.94: Paula Fandiño.

Tardou en espabilar o Dumbría na primeira xornada de curso, tras comezar regalando dous goles nada máis comezar o partido. Pero o equipo de Santi Lira soubo reaccionar, levando o peso do partido, recurtando por medio de Mariña e tendo ocasións para chegar ao empate, mesmo cun gol anulado.

Saíron de novo algo durmidas na segunda as dumbriesas, e as santiaguesas ampliaban a renda, tendo mesmo unha ocasión para o 1-4. Pero apareceu o vendabal dumbriés. Primeiro marcou pronto Adriana para recortar distancias. E co equipo envorcado, Fandi e Mariña, en apenas 3 minutos, lle daban a volta ao marcador. Deron un paso adiante as visitantes, máis cando as locais quedaban con 10 a falta de 12 minutos por unha parada de Lissette fóra da área, pero as dumbriesas souberon sufrir e marcar o 5-3 na última xornada de partido.

Muxía - Corme (4-2)

  • Muxía: Vero, Karen, María Rod., Andrea Insua, Nuria, Lau Doce, Piroja, Paula Rey, Patri Romaní, Barca Toba e Eva Lema.
  • Corme: Lucía, Candela (Zeltia), Saskia (Aurora), Laura, Lucía, Nati (Ana Alvarellos), Ana, Olalla (Salomé), Carla e Claudia.
  • Goles: 1-0, m.9: Eva Lema de fermosa vaselina dende lonxe; 1-1, m.19: Cris; 1-2, m.50: Cris; 2-2, m.56: Lau Doce; 3-2, m.87: Barca; 4-2, m.88: Eva.

Partidazo o vivido en Arliña entre os dous equipos recén ascendidos á categoría de prata do fútbol galego. O Corme co seu imponente bloque co que arrasou o ano pasado na Liga da Costa, e o renovado Muxía, coas Piroja, Patri e Barca, acompañadas este ano da pichichi vimiancesa Eva Lema e da ferrolá Lau Doce, que se estrea no fútbol 11 tras xogar nas grandes categorías do futsal.

Comezaba o Corme de Rubén Souto ben plantado, intentando levar o peso do balón, e percutindo, pero era Eva Lema a que aparecía aos 10 minutos cunha vaselina espectacular para abrir o marcador. Seguía o Corme mandando sobre o campo, pero sen grandes ocasións ata que nunha xogada de Carla, Cris aproveita o rexeite a acada o empate.

Saía mellor o cadro de Noe Iglesias na segunda, máis enchufadas, presionando arriba cunha marcha máis, e xerando roubos e ocasións. Aínda así, era Cris a que facía o segundo para as azuis tras un balón ben pelexado por Nati.

A partir de aí o Muxía fíxose dono do partido, apretando moito e comandada por Patri e Lau Doce, que deixaba notas da súa calidade marcando dende lonxe. Tivo que aparecer a meta muxiá Vero (residente en Corme, ademais) para salvar un man a man de Claudia (que fixo un partidazo), permitindo que o seu equipo seguise medrando e dominando con máis calidadade. Os cambios obrigados de de Nati (que tivo que saír con varios puntos de sutura tras un golpe con Piroja) e Saskia fixeron dano e o Muxía foi presionando e acabou sentenciando nos últimos minutos gracias ás conexións de Lau con Patri, Barca e Eva.

Tordoia - Cee (6-1)

  • Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Nerea, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Martínez, Laura, Sabela e Noa. Tamén: Noemi, Aroa Lestón, Sharay Caamaño e Gala.
  • Goles: 1-0, m.21: Rebeca Puente; 2-0, m.40: Ana Domínguez; 3-0, m.41: Andrea Costa; 3-1, m.43: Nayara Casais; 4-1, m.45: Andrea Costa; 5-1, m.60: Ana Domínguez; 6-1, m.77: Rebeca Puente.

Esiveron imprecisas as xogadoras do Cee neste comezo de campaña. Así e todo comezaban con varias ocasións, sen acerto, antes de que as locais se meteran por diante aos 20 minutos. O Cee dominaba e ao Tordoia lanzaba transicións rápidas que facían moito dano, meténdose 3-0 nun final tolo da primeira metade. O Cee recurtaba aínda no 43, pero o cuarto antes do descanso foi demasiada lousa para levantar na segunda metade. “Partido que nos serve para aprender e seguir collendo ritmo de competición para conseguir a nosa primeira vctoria”, recoñece a meta Noemi dende a vila da Xunqueira.

Máis info

Máis novas do FUTFEM

Comentarios