Malpica e Ponteceso dan o primeiro paso no comezo da #CopadaCosta2026
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Arrincou a #CopadaCosta 2026, e o fixo con dous derbis bergantiñáns. Malpica e Ponteceso daban conta de Buño e Cerqueda nos ouds partidos este domingo en Xaviña.
Quedan para o 28 os outros dous partidos da previa: Corcubión- Zas e Nantón-Cabana.
Cerqueda - Ponteceso (0-3)
- Goles: 0-1, m.2’0 Mendieta; 0-2, m.30: Neira; 0-3, m.40: Mendieta.
Chegaba o Ponteceso a Xaviña coa condición de favorito no duelo previo da Copa da Costa disputado en horario matutino. O comezo do partido estivo marcado pola baixa intensidade dun Ponteceso que non era capaz de aproveitar a velocidade do campo xunto co potente vento a favor, decidindo apostar polos inoperantes balóns en longo en vez dun xogo máis combinativo. Con todo, o dominio era claro debido principalmente ao ritmo competitivo que impoñía un Ponteceso superior ao dun Cerqueda que se resguardecía e esperaba poder sacar petróleo dun equipo en ocasións desafinado. O primeiro gol chegaría no minuto vinte: un gran balón ás costas do polivalente Luca foi secundado por José Ramón quen, tras gañar a liña de fondo pola dereita, logra centrar para que o capitán Mendieta empurrase a pracer. Dez minutos máis tarde, mes xogada pola banda esquerda, sendo protagonista Neira, quen recorta cara dentro e bate inapelablemente ao primeiro pao. Por último, o Ponteceso cerraría o partido nun dous para un no que Neira cede de maneira magnánima o balón a Mendieta para que no man a man bata o porteiro, certificando o seu gran momento de forma: "caénseme os goles" afirmaría posteriormente o bigoleador, un Mendieta convertindo en home gol nestes últimos tempos, e que ten que deixar o equipo por motivos laborais.
Na segunda parte, o ritmo baixaría considerablemente ante un Cerqueda que non quería asumir maiores complicacións de cara a liga, non obstante, o descaro dos cadetes do Cerqueda fixo que os locais se aproximasen máis a meta, non logrando o desexado premio ante un bo Damián que fixo un par de paradas de mérito. Desta forma, o Ponteceso supera o trámite e tócalle enfrentarse o Castriz voltándose as tornas de favorito, decidiráo o Pinguel o 4 de xaneiro.
Buño - Malpica (0-2)
- Goles: 0-1, m.57: Carrumba; 0-2, m.83: Cristian.
Primeiro derbi nesta Copa no que os malpicáns superaban aos oleiros, nun choque marcado pola deportividade e o respecto. Comeza o partido bastante desputado, o Malpica con moitas rotacións e o Buño, xusto entre a marcha de Pablo Mallón e a chegada de Dani Calvete, contando con xogadores contados para xogar este partido.
Primeira ocasión de falta por parte dos locais que ataxaba moi ben Pepucho. Moitas chegadas por parte do Malpica pero costáballe acertar nos últimos metros. Na segunta parte un Malpica máis serio borraba as opcións do Buño de pasar de fase. Aos 15 minutos de comezar o segundo tempo, Carrumba tras un rexeite dun corner empuxaba o balón ao fondo da rede. Múltiples chegadas do Malpica por parte de Luis, Saydou e Fran que non conseguían sentenciar o encontro. Ata que unha xogada pola banda de Saydou e un rexeite do porteiro, aprobeitaba Cristian para cunha volea, mandar o balón ao fondo da rede e poñer o 0-2 no marcador. O Buño pouco puido ver portería ma segunda parte.
Máis info
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.