mércores. 19.11.2025
El tiempo

O sorteo da Copa da Costa, o “prestixio” do Fútbol da Costa

  • Os cadros das Copas da Costa sempre en www.copadacosta.com.
  • A eliminatoria estrella na Copa masculina, un Dumbría-Sofán en dezaseisavos.
  • A final da Copa da Costa masculina se dispute no campo Irmandiño de Vimianzo, co motivo do 60º aniversario do SD Soneira
  • A final da Copa da Costa feminina se disputa en Fontenla, Santa Comba, co gallo do 60º aniversario do Xallas FC.
Pablo Prieto no sorteo da Copa da Costa
Pablo Prieto no sorteo da Copa da Costa
O sorteo da Copa da Costa, o “prestixio” do Fútbol da Costa

Non fallan os clubs do Fútbol da Costa a unha das citas, de interior, máis esperadas do ano. A Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, engalanábase coas lonas da Real Federación Galega de Fútbol para celebrar, con todo o bombo que merece, o sorteo das Copas da Costa. Unha cita que sempre significa un momento ideal para que as directivas se vexan as caras (estiveron presentes máis de 60 persoas) e apunten as datas e rivais da competición máis bonita do noso senlleiro fútbol costeiro. Máis se cabe neste momento, trala posta en marcha da nova ASFACOS, Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa.

Sorteo da Copa da Costa en Dumbria publico
Sorteo da Copa da Costa en Dumbria publico

Deu a benvida o alcalde de Dumbría, Raúl González, agradecendo que a RFGF vaia rotando a ubicación do sorteo.
De contado, o presidente da RFGF, Pablo Prieto, que recoñeceu que “estamos dando un novo impulso a este prestixio que ten a Copa da Costa”. Asegurou que están preparando unhas finais que conten con diversas actividades parelalas, e que están traballando para que se poida retransmitir pola TVG. “Este é un dos eventos máis emotivos para min como presidente”, inicidiu o dirixente que fixo fincapé no “prestixio” desta competición.

Silvia Cancela quixo recordar a falta de Juan Villamisar e de Manolo Vecino. “Entre os dous suman máis 40 anos dedicados ao fútbol”, resumiu na pequena pero emotiva homenaxe.

Foi o delegado Manuel Corredoira o que sinalou que todas as Copas de Galicia se xogan a partido único no campo do equipo pequeno, como se implantou primeiramente na Costa, e se disputan integramente no 2026, e deu paso aos sorteos, coas mans inocentes de Yolanda (Ponteceso) e Paula (Muros) no feminino e de Josema (Dumbría) e Noya (Muxía para o masculino).

 

Os cadros das Copas da Costa sempre en www.copadacosta.com

LXI Copa da Costa Masculina 2026

 

VI Copa da Costa FEM 2026

 

Mäis novas

Comentarios