A mazaricá Tati dá o salto ao Dépor Abanca B
14 de xullo de 2020 (17:21 h.)
Xa foi unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18, e mesmo protagonista dun documental sobre o Deporte mazaricán. Aínda non cumpliu os 20 anos e a xogadora mazaricá vén de dar un salto tremendo na súa carreira. Acaba de fichar polo filial do Depor Abanca.
Esta rápida e potente extremo, procede do Viajes Interrías de Sanxenxo, e xa pasou polos Victorias da Coruña e Santiago e polo Atlántica Matamá.
Novas relacionadas
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- O Deporte, clave na esencia de Mazaricos.