Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18

Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18
Tati recibe as felicitacions das suas companeiras da Seleccion Galega tras marcar un gol Tatirecibe as felicitacións das suas compañeiras da Selección Galega tras marcar un gol ante Valencia Espectacular a participación da Tati Barcia na primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. A mazaricá, xogadora do Victoria e do Amarelle Santa Comba de FSF, foi clave na vitoria do combinado galego sub18 ante o País Vasco, marcando dous goles, pero nada puido facer para evitar a derrota ante Valencia. O campionato serviu ademais para corroborar que as seleccións galegas femininas van recurtando as distancias con outras seleccións a ritmo de sexta marcha. O mellor termómetro é a selección Sub18, que hai uns anos sufría unha barbaridade contra rivais como Euskadi ou Cataluña. Agora, compiten cara a cara. Tati xa estrou a camisola galega o pasado febreiro, e agora segue levando a esencia de Mazaricos por toda a península.

Xornada 2: GALICIA – C. VALENCIANA (0-3)

  • Selección Galicia: Malena Mieres, Ainhoa Galarza (Marta López, min. 81), Sabrina Morales, Lara Martínez, Sara Debén, Tere Abelleira, Rosalía “Lía” Muiño, Tatiana “Tati” Barcia (María Nogueira, min. 46), Inés Faro, Navia Rendo (Antía Delgado, min. 61) e Carolina Brañas (Carla Rial, min. 61).
  • Goles: 0-1 Alejandra Serrano (min. 3); 0-2 Eva Navarro (min. 54); 0-3 María Macías (min. 91).
Tati de cuarta ca Seleccion Galicia ante Valencia Tati, de cuarta, ca Selección Galicia ante Valencia Cando un adversario é superior e apenas che da opcións non che queda máis remedio que felicitalo e traballar para reducir a diferenza nos vindeiros compromisos. Iso foi o que lle pasou onte á Selección Galega Sub18, que desde o arranque do partido viuse superada pola Comunidade Valenciana.

Xornada 1: Euskadi – Galicia Sub18 (1-4)

  • Selección Galicia: Malena Mires, Ainoa Galarza, Lara Martínez, Laura Vázquez (Sabrina Morales, min. 67), Sara Debén, Tere Abelleira, Rosalía “Lía” Muiño, Tatiana “Tati” Barcia, Inés Faro (Antía Delgado, min. 70), Carolina “Carol” Brañas (Marta López, min. 84) e Navia Rendo (María Nogueira, min. 76).
  • Goles: 0-1 Tati (min. 13); 0-1 Tati (min. 24); 0-3 Carol (min. 33); 1-3 Nerea Eizaguirre (min. 63); 1-4 María Nogueira (min. 83).
Tati ca Seleccion Galega sub18 Tati, na fila de abaixo de segunda pola esquerda, ca Seleccion Galega sub18 O combinado que dirixe Quin Valbuena comezou a fase con moita forza. A eficacia de Tati foi demoledora. A xogadora do Victoria atopou unha autopista pola súa banda e convertiu en gol dous bos pases, de Tere e Navia, amosando moita cabeza fría e talento nas dúas definicións. Con 25 minutos xogados Galicia xa gañana 2-0 e tiña o partido totalmente controlado. E máis o tivo cando pasada a media hora de xogo Carol aproveitou un pase de Lía ó espazo para marcar cunha fermosa vaselina o terceiro gol do encontro. Tere e Lía dominaban a pelota por dentro, coa axuda de Inés, mentres Tati aproveitaba a banda e o traballo das dúas dianteiras para crear perigo. A iso sumábase que o equipo vasco apenas conseguía chegar á portería defendida por Malena. Euskadi aínda se metía no partido á media hora pero as galeas souberon aguantar o momento e sentenciar.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios