Impresionante o Campus de Outes. Todos coinciden na capacidade organizadora dun dos clubs que mellor coida a súa canteira no Fútbol da Costa. O campus outiense contou cos mellores profesionais, cun equipazo de adestradores espectacular, ademais de armarlle aos 50 participantes (o límite) unha batería de actividades divertidísimas.
Porque foi un campus que tivo moitas máis cousas que o balón. Os rapaces e rapazas puideron disfrutar do fútbol, pero tamén de varias charlas técnicas, e de actividades como visitar a praia, montar a cabalo…
A clausura foi ben emotiva, coa visita do presidente da RFGF, Rafael Louzán, que estivo acompañado polo Subdelegado da RFGF na Costa, Manolo Corredoira. O presidente levaba tempo querendo facer esta visita a unha directiva que está facendo un gran traballo no club.
Campus do Outes con Rafael Louzan presi da RFGF
Plantel de Adestradores
Oscar Leis, Rubén Forján e Corredoira estaban entre o plantel de adestradores
Juan Manuel Diaz "Roque”, Noia
Javier Lodeiro, Outes
Manuel Gonzalez "Corredoira”, Zas
Ruben Forján, ADN
Oscar Leis, Dumbría-Louro
Nestor Romero, Xallas
Alberto Albán, Lesende
Borja Facal, Bergantiños
Bruno Sueiro, Bergantiños
Juan J. Lado "Tomé”, Outes COORDINADOR CAMPUS
Jose M Fernández " Mirás”, Outes
Jorge Carou, Outes
Carlos Romero, Outes DIRECTOR CAMPUS
Comité técnico de árbitros: Luis Insua Subdelegación da Costa.