Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco
A Costa da Morte acollía por primeira vez un Campionato Galego de Seleccións Comarcais. Todo un fito para unha comarca sempre illada, que pouco a pouco vai collendo protagonismo gracias á atención da FGF. Era unha cita importante as que acollían as inmellorables Instalacións do Conco. A primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub12 servía ademais para celebrar o debut oficial da nosa Selección da Costa sub-12, despois que xa o fixera hai un mes a sub-15.
Ía frío no Conco, pero a marea de afeccionados (boa parte pais e nais) chegados de toda Galicia para ver aos máis de 200 protagonistas, quecían o ambiente. A "Amarela" estaba preparada para competir.
No deportivo, volveu pesar a inexperiencia e a falta de adestramento no combinado costeiro. Os nervos estiveron por riba da calidade dos nosos xogadores que no primeiro partido non se acabaron de situar no campo e caían por 8-0 ante Santiago, un dos favoritos a gañar o campionato.
Quedaba todo un día por diante, cunha comida todos xuntos e moitas risas, para convertindo os nervios en confianza. E notárono os rapaces costeiros cando pola tarde saían ao campo ante Ferrol. Era outro xeito de xogar, moito máis mandóns e sen tantas presas.
E chegou o primeiro gol da historia das Seleccións da Costa e Fútbol Base. Foi o xogador do Dumbría Hugo Pastoriza o que rompía a igualada ante Ferrol. Parecía que o equipo podía gañar, pero os ferroláns estaban máis conxuntados e pouco a pouco foron facéndose co partido ata remontar e poñerse 3-1.
Gran experiencia para Dumbría, para a Costa da Morte, e para os 14 escollidos. Quédanos agora pendente a creación da sub-12 feminina!
Os Convocados
Ás ordes de José Barca, Nando Waldomar, Joaquín Quintáns (auxiliar) e Alberto Pose (Delegado) estiveron:
FERNANDEZ RAMIL, AITOR: OS MIUDOS C.F.
ORODEA PENA, MARCOS: OUTES C.F.
LEIS CAMPOS, TIRSO: OUTES C.F.
BLANCO ANTELO, FABIO: DUMBRIA C.F.
PASTORIZA BARGO, HUGO: DUMBRIA C.F.
MARIÑO PARTINEZ, BLAS: CABANA S.D.
BARRIENTOS PAZ, MARTIN: MUXIA C. F.
POSE BALIÑA, ANTON: U. C. CEE
DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL: U.C. CEE
SOUTO AREOSA, LUCAS: SOFAN S. D.
MARTINEZ BRENLLA, OSCAR: XALLAS C.F.
CASTRO GARCIA, DANIEL: PONTECESO S. D.
PAZOS LEMA, YAGO: CABANA S.D.
SOUTO BRENLLA, ANXO C.D.: CONCELLO DE ZAS
Ambientazo no Conco para o Campionato Galego de Seleccions Comarcais sub12