![Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco]()
Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco
A Costa da Morte acollía por primeira vez un Campionato Galego de Seleccións Comarcais. Todo un fito para unha comarca sempre illada, que pouco a pouco vai collendo protagonismo gracias á atención da FGF. Era unha cita importante as que acollían as inmellorables Instalacións do Conco. A primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub12 servía ademais para celebrar o debut oficial da nosa Selección da Costa sub-12, despois que
xa o fixera hai un mes a sub-15.
Ía frío no Conco, pero a marea de afeccionados (boa parte pais e nais) chegados de toda Galicia para ver aos máis de 200 protagonistas, quecían o ambiente. A "Amarela" estaba preparada para competir.
No deportivo, volveu pesar a inexperiencia e a falta de adestramento no combinado costeiro. Os nervos estiveron por riba da calidade dos nosos xogadores que no primeiro partido non se acabaron de situar no campo e caían por 8-0 ante Santiago, un dos favoritos a gañar o campionato.
![]()
Quedaba todo un día por diante, cunha comida todos xuntos e moitas risas, para convertindo os nervios en confianza. E notárono os rapaces costeiros cando pola tarde saían ao campo ante Ferrol. Era outro xeito de xogar, moito máis mandóns e sen tantas presas.
E chegou o primeiro gol da historia das Seleccións da Costa e Fútbol Base. Foi o xogador do Dumbría Hugo Pastoriza o que rompía a igualada ante Ferrol. Parecía que o equipo podía gañar, pero os ferroláns estaban máis conxuntados e pouco a pouco foron facéndose co partido ata remontar e poñerse 3-1.
Gran experiencia para Dumbría, para a Costa da Morte, e para os 14 escollidos. Quédanos agora pendente a creación da sub-12 feminina!
Os Convocados
![Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco]()
Ás ordes de José Barca, Nando Waldomar, Joaquín Quintáns (auxiliar) e Alberto Pose (Delegado) estiveron:
- FERNANDEZ RAMIL, AITOR: OS MIUDOS C.F.
- ORODEA PENA, MARCOS: OUTES C.F.
- LEIS CAMPOS, TIRSO: OUTES C.F.
- BLANCO ANTELO, FABIO: DUMBRIA C.F.
- PASTORIZA BARGO, HUGO: DUMBRIA C.F.
- MARIÑO PARTINEZ, BLAS: CABANA S.D.
- BARRIENTOS PAZ, MARTIN: MUXIA C. F.
- POSE BALIÑA, ANTON: U. C. CEE
- DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL: U.C. CEE
- SOUTO AREOSA, LUCAS: SOFAN S. D.
- MARTINEZ BRENLLA, OSCAR: XALLAS C.F.
- CASTRO GARCIA, DANIEL: PONTECESO S. D.
- PAZOS LEMA, YAGO: CABANA S.D.
- SOUTO BRENLLA, ANXO C.D.: CONCELLO DE ZAS
![Ambientazo no Conco para o Campionato Galego de Seleccions Comarcais sub12]()
Ambientazo no Conco para o Campionato Galego de Seleccions Comarcais sub12
Os Resultados globais
RESULTADOS CATEGORÍA MASCULINA |
PARTIDO |
RESULTADO |
SANTIAGO – A COSTA DA MORTE |
8-0 |
OURENSE – A CORUÑA |
1-1 |
LUGO – FERROL |
2-2 |
VIGO – PONTEVEDRA |
2-1 |
OURENSE – SANTIAGO |
0-3 |
A COSTA DA MORTE – FERROL |
1-3 |
A CORUÑA – VIGO |
2-0 |
PONTEVEDRA - LUGO |
3-1 |
CLASIFICACIÓN CATEGORÍA MASCULINA |
SELECCIÓN |
PX |
PG |
PE |
PP |
GF |
GC |
PTS |
SANTIAGO |
2 |
2 |
0 |
0 |
11 |
0 |
6 |
A CORUÑA |
2 |
1 |
1 |
0 |
3 |
1 |
4 |
FERROL |
2 |
1 |
1 |
0 |
5 |
3 |
4 |
PONTEVEDRA |
2 |
1 |
0 |
1 |
4 |
3 |
3 |
VIGO |
2 |
1 |
0 |
1 |
2 |
3 |
3 |
LUGO |
2 |
0 |
1 |
1 |
3 |
5 |
1 |
OURENSE |
2 |
0 |
1 |
1 |
1 |
4 |
1 |
A COSTA |
2 |
0 |
0 |
2 |
1 |
11 |
0 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA |
PARTIDO |
RESULTADO |
A CORUÑA - SANTIAGO |
1-1 |
OURENSE – VIGO |
1-3 |
LUGO – FERROL |
2-8 |
PONTEVEDRA - OURENSE |
4-0 |
VIGO – SANTIAGO |
0-6 |
A CORUÑA – LUGO |
10-0 |
PONTEVEDRA - FERROL |
0-0 |
CLASIFICACIÓN CATEGORÍA FEMININA |
SELECCIÓN |
PX |
PG |
PE |
PP |
GF |
GC |
PTS |
A CORUÑA |
2 |
1 |
1 |
0 |
11 |
1 |
4 |
FERROL |
2 |
1 |
1 |
0 |
8 |
2 |
4 |
SANTIAGO |
2 |
1 |
1 |
0 |
7 |
1 |
4 |
PONTEVEDRA |
2 |
1 |
1 |
0 |
4 |
0 |
4 |
VIGO |
2 |
1 |
0 |
1 |
3 |
7 |
3 |
OURENSE |
2 |
0 |
0 |
2 |
1 |
7 |
0 |
LUGO |
2 |
0 |
0 |
2 |
2 |
18 |
0 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novas relacionadas
Novas relacionadas
Fonte