O día que tiña que chegar

Cobrouse o Zas o ascenso que se lle debía, cunha merecida vitoria en Brión; Soneira e Xallas, este tras remontar, protagonizarán en Mazaricos a final 'VIP' da Copa
O Zas gañou en Brión ao Bastavales e é equipo da 1ª Só unha nova tan agardada como o ascenso a Primeira do Sporting Zas é capaz de eclipsar unha remontada copeira e a configuración da mellor final que se intúe en moitos anos para o torneo do KO. Pero o certo é que o subcampión da Liga da Costa tiña unha débeda desde hai un ano, e foi a Brión a cobrala. Non esperou ao encontro de casa, remontou e trouxo para a bisbarra unha nova alegría en forma de ascenso. E o fixo con pedrea, pois o éxito deixa na Segunda Autonómica a un Porteño co corazón encollido.

Xa temos final da #CopadaCosta 2016

O Xallas deu a volta á eiminatoria en Mazaricos-Foto-Sara No torneo do KO o intrascendente encontro de San Andrés do sábado, onde o Soneira seguiu ao seu, tivo unha continuación gourmet en Pino do Val. O Xallas exerceu de equipo de Preferente, pero co mono de traballo, e remontoulle unha compricadísima eliminatoria ao Mazaricos. Un dobrete de Jesús acabou coa resistencia amarela. Sale así a relucir o trascendental do postreiro tanto de Doro na ida, que ademais provocara un regueiro de protestas. Agora, case con toda seguridade, o choque decisivo será no mesmo escenario, coma homenaxe ás Bodas de Prata do Mazaricos.

Fisterra e Dumbría, campións das Copas de Base

Final da Copa da Costa Cadete-Fisterra-Esteirana-Foto-Graciela E Zas tamén se convertiu no epicentro do fútbol base coa celebración das finais da Copa da Costa Cadete e Infantil (que contaremos polo miúdo o luns). Alí estiveron 4 dos equipos que mellor coidan a base. Arrincaron os Infantís e o Dumbría non dou opcións ao Outes. Os dumbrieses están a un partido de completar unha xornada inmellorable, pois o domingo disputaron tamén a ida da rolda definitiva da Fase de Ascenso á Liga Galega empatando a 1 na Barraña. A vindeira semana, se gaña ao Boiro, será equipo da Liga Galega. Mentres, en Cadetes, o Fisterra foi superior á Esteirana e venceu por 3-0, proclamándose flamante campión. Ademais nos Veteranos arrincan as Semis da Copa tras uns Cuartos apretadísimos. Soneira e Club do Mar tomaron vantaxe.  

CopadaCosta, Volta das Semis

O cadro completo en www.copadacosta.com

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5

 

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil, ida da eliminatoria defintiva

Copa da Costa Cadete, Final

 

CopadaCosta Infantil, Final

 

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Semis

 

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)