Luns. 14.10.2024
El tiempo

O día que tiña que chegar

O día que tiña que chegar
Cobrouse o Zas o ascenso que se lle debía, cunha merecida vitoria en Brión; Soneira e Xallas, este tras remontar, protagonizarán en Mazaricos a final 'VIP' da Copa O Zas ganou en Brion ao Bastavales e e equipo da 1 O Zas gañou en Brión ao Bastavales e é equipo da 1ª Só unha nova tan agardada como o ascenso a Primeira do Sporting Zas é capaz de eclipsar unha remontada copeira e a configuración da mellor final que se intúe en moitos anos para o torneo do KO. Pero o certo é que o subcampión da Liga da Costa tiña unha débeda desde hai un ano, e foi a Brión a cobrala. Non esperou ao encontro de casa, remontou e trouxo para a bisbarra unha nova alegría en forma de ascenso. E o fixo con pedrea, pois o éxito deixa na Segunda Autonómica a un Porteño co corazón encollido.

Xa temos final da #CopadaCosta 2016

O Xallas deu a volta á eiminatoria en Mazaricos-Foto-Sara O Xallas deu a volta á eiminatoria en Mazaricos-Foto-Sara No torneo do KO o intrascendente encontro de San Andrés do sábado, onde o Soneira seguiu ao seu, tivo unha continuación gourmet en Pino do Val. O Xallas exerceu de equipo de Preferente, pero co mono de traballo, e remontoulle unha compricadísima eliminatoria ao Mazaricos. Un dobrete de Jesús acabou coa resistencia amarela. Sale así a relucir o trascendental do postreiro tanto de Doro na ida, que ademais provocara un regueiro de protestas. Agora, case con toda seguridade, o choque decisivo será no mesmo escenario, coma homenaxe ás Bodas de Prata do Mazaricos.

Fisterra e Dumbría, campións das Copas de Base

Final da Copa da Costa Cadete-Fisterra-Esteirana-Foto-Graciela Final da Copa da Costa Cadete-Fisterra-Esteirana-Foto-Graciela E Zas tamén se convertiu no epicentro do fútbol base coa celebración das finais da Copa da Costa Cadete e Infantil (que contaremos polo miúdo o luns). Alí estiveron 4 dos equipos que mellor coidan a base. Arrincaron os Infantís e o Dumbría non dou opcións ao Outes. Os dumbrieses están a un partido de completar unha xornada inmellorable, pois o domingo disputaron tamén a ida da rolda definitiva da Fase de Ascenso á Liga Galega empatando a 1 na Barraña. A vindeira semana, se gaña ao Boiro, será equipo da Liga Galega. Mentres, en Cadetes, o Fisterra foi superior á Esteirana e venceu por 3-0, proclamándose flamante campión. Ademais nos Veteranos arrincan as Semis da Copa tras uns Cuartos apretadísimos. Soneira e Club do Mar tomaron vantaxe.  

CopadaCosta, Volta das Semis

Copa da Costa 2016 Final O cadro completo en www.copadacosta.com

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5

Fase Ascenso Zas  

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil, ida da eliminatoria defintiva

Fase Ascenso Dumbria inf

Copa da Costa Cadete, Final

Copa Cadete Final  

CopadaCosta Infantil, Final

Copa da Costa infantil final  

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Semis

Copa da Costa Veteranos semis  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios