O Fisterra, novo campión da Copa da Costa
25 de xuño de 2017 (20:30 h.)
Ambientazo no San Paio de Refoxos, como non podía ser doutro xeito, para acoller a gran final da #CopadaCosta 2017. A 54ª edición da senelleira competición ligueira deparábanos unha final espectacular entre dous equipos cunha rivalidade tremenda, Dumbría e Fisterra.
E impúxose o verde, tanto no céspede como nas gradas do estadio ceés. O Fisterra venceu por 1-0 cun gol de Cote aos 17 minutos, que permitiu que os fisterráns sumasen o seu terceiro título.
Guillermo Parga, speaker na final, completou esta crónica aquí:
O xigante verde desperta vinte anos despois.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).