O Fisterra, novo campión da Copa da Costa
20:30 25/06/17
Ambientazo no San Paio de Refoxos na Final da Copa da Costa 2017
Ambientazo no San Paio de Refoxos, como non podía ser doutro xeito, para acoller a gran final da #CopadaCosta 2017. A 54ª edición da senelleira competición ligueira deparábanos unha final espectacular entre dous equipos cunha rivalidade tremenda, Dumbría e Fisterra.
E impúxose o verde, tanto no céspede como nas gradas do estadio ceés. O Fisterra venceu por 1-0 cun gol de Cote aos 17 minutos, que permitiu que os fisterráns sumasen o seu terceiro título.
Guillermo Parga, speaker na final, completou esta crónica aquí:
O xigante verde desperta vinte anos despois.
A SD Fisterra campión da LIV Copa da Costa. Noraboa!! Así o festexaron pic.twitter.com/d9YZFLkJOp
— FUTGAL (@futgal) 25 xuño 2017
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).