Un partido de Vellas Glorias do Ponteceso contra os Veteranos do Dépor para inaugurar o Pinguel
29 de xaneiro de 2020 (11:08 h.)
Fermosa cita a que se perfila o vindeiro sábado 8 de febreiro para a inauguración do remodelado campo do Pinguel, en Ponteceso. Ás 12:00h celebrarase un singular partido entre “Vellas Glorias” do Puenteceso SD contra os Veteranos do RC Deportivo. Unha cita memorable, onde poderemos ver grandes estrellas do fútbol costeiro e do fútbol internacional.