A Preferente comezará o 31 de xaneiro: o 20, o sorteo do calendario
15 de xaneiro de 2021 (10:40 h.)
- A RFGF presentou aos clubs o “Programa Excepcional Alento” de axudas para os equipos da categoría co fin de colaborar nun momento tan delicado para eles. Cada equipo recibirá uns 3.000 euros da Federación esta tempada
A RFGF mantivo este xoves unha xuntanza telemática cos 40 clubs rexistrados para xogar esta tempada en Preferente Galicia. A primeira nova foi a modificación da data de inicio, prevista para o 24 de xaneiro, pero que trala petición de varios equipos se adía ao día 31.
O sorteo do calendario serña próximo mércores día 20 de xaneiro a partir das 17.30 horas, e será retransmitido en directo por streaming.Programa Alento
• Financiación de test (25 test por equipo e por mes) e da tramitación dos mesmos, así como o anticipo do pago de todos os test que debe realizar cada equipo
• Financiación do 100% do Seguro de Responsabilidade Civil aos equipos adheridos á póliza federativa
• Entrega de 10 balóns por equipo e un trolley
• Unha partida económica de 2.000 euros por participación que se concede por primeira vez nesta categoría.